DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Servizos de transporte para o concerto de "Maldita Nerea" no multiusos Fontes do Sar (2/12/2011)

Haberá un SERVIZO LANZADEIRA a partir das 20.30 h con saída da rúa Ramón Piñeiro (lateral Parlamento de Galicia).

A liña C11 (circular de Fontiñas) accede ao multiusos Fontes do Sar cunha frecuencia de 15 minutos. As paradas máis céntricas para acceder a esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza, rúa Virxe da Cerca e rúa de San Pedro.

Ampliación de servizo na liña C4

Con motivo da mellora da conexión entre a Avda. de Lugo e Fontiñas có hospital Clínico, establécese un novo servizo coa liña C4 con inicio na Avda. de Lugo nº 22 (antes da Cruz Vermella) e que realizará as paradas habituais da liña C4 nesa zona: Avda. de Lugo (xulgados), rúas de Berlín, Lisboa, Londres, París e Roma, Avda. do Camiño Francés e estación de autobuses, para continuar en dirección ao hospital Clínico.

Desvío na liña C2 do transporte urbano

Liña C2: saída da estación de autobuses e itinerario habitual por San Caetano e inicio do Camiño Francés, para desviarse por rúa Monte dos Postes, rúa de Valiño e itinerario habitual cara a rúa de Roma.

A parada do transporte urbano na rúa de Valiño será empregada por esta liña como alternativa ás paradas do Camiño Francés, as cales quedarán suprimidas durante o corte.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Servizo de transporte urbano ao cemiterio de Boisaca. Días 31 de outubro e 1 de novembro

Servizos ao cemiterio coa liña 1:

* Luns día 31 de outubro: a frecuencia será de 16 minutos ao longo de todo o día.

* Martes 1 de novembro: a frecuencia será de 16 minutos no horario de apertura do cemiterio (de 9.00 h a 20.00 h) e de 30 minutos no resto das horas.

Lembrarlles que o día 1 de novembro, día festivo, os autobuses rematarán a liña en Boisaca, sen chegar ao final do polígono do Tambre.

HORARIOS DE INVERNO DO TRANSPORTE URBANO 2011-2012

Como ven sendo habitual, editáronse folletos informativos que poden recoller a partir de hoxe nos propios autobuses, e a partir do día 12 nas nosas oficinas, situadas na estación de autobuses, na oficina de Atención ao Cidadán e na casa das Asociacións.  

Así mesmo, lembramos que está a disposición dos usuarios o teléfono 901 120 054 os 365 días do ano no horario de funcionamento do servizo, teléfono no que lles poderán informar de horarios, rutas e tempo estimado de espera nunha parada determinada.

Desvío na liña 13 os días 10 e 11 de setembro

Desde a primeira hora do sábado 10 e ata finalizar o domingo 11 de setembro, a liña 13 realizará o seguinte desvío (nos dous sentidos de circulación):

Itinerario habitual ata a rúa Pastoriza, para desviarse por San Caetano, Pza. de España e rúa dos Irmandiños, retomando o seu itinerario cara Chan de Curros e Camiño dos Vilares.

Quedan por tanto suprimidas: a primeira parada da Avda. de Castelao nos dous sentidos (parque Pablo Iglesias) e todas as paradas da rúa García Lorca.

Pregamos desculpen as molestias.

Servizos de transporte con motivo do festival Rock in Way no Monte do Gozo

Con motivo dos concertos os vindeiros venres 9 e sábado 10 de setembro no auditorio do Monte do Gozo, dende a Concellaría de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico planificouse o servizo do seguinte xeito:

As liñas 6 e 7 do transporte urbano acceden ás inmediacións do Monte do Gozo, cunha frecuencia de 20 minutos no caso da liña 6 e de 60 minutos para a liña 7.

As paradas máis céntricas de acceso a estas liñas son:

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220