O vindeiro luns 12 de setembro entrarán en vigor os horarios de inverno no servizo de transporte urbano.
Como ven sendo habitual, editáronse folletos informativos que poden recoller a partir de hoxe nos propios autobuses, e a partir do día 12 nas nosas oficinas, situadas na estación de autobuses, na oficina de Atención ao Cidadán e na casa das Asociacións.
Así mesmo, lembramos que está a disposición dos usuarios o teléfono 901 120 054 os 365 días do ano no horario de funcionamento do servizo, teléfono no que lles poderán informar de horarios, rutas e tempo estimado de espera nunha parada determinada.
Poden consultar toda a información pinchando no documento que se achega.