Tussa

TUSSA é a sociedade municipal creada en 1999 polo Concello de Santiago para a xestión do transporte urbano.

De acordo co obxecto social da empresa, TUSSA encárgase da instrumentación das políticas de transporte público urbano de viaxeiros, o asesoramento en temas de mobilidade e da coordinación doutros sistemas de transporte que serven ás necesidades da cidade.

A sociedade xestiona, ademais, as seguintes instalacións para o estacionamento:

  • Aparcadoiro vixiado de Xoán XXIII
  • Aparcadoiro de superficie de Belvís
  • Área de libre estacionamento de Santa Marta
  • Dársena de autobuses Xoán XXIII

Desde 2005 TUSSA xestiona a estación de autobuses, que se trasladou para a Avenída Clara Campoamor no ano 2021.

Desde o 15 de xuño de 2018, por acordo do pleno municipal, TUSSA xestiona como encargo a medio propio os servizos da ORA e Guindastre.

TUSSA é medio propio e servizo técnico do Concello de Santiago, nos termos contemplados no artigo 32 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordeamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220