Portal de transparencia

A Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, SA (TUSSA) é unha sociedade mercantil local, cuxo capital social pertence integramente ao Concello de Santiago, constituída o 16 de abril de 1999 como un instrumento de xestión directa de competencias municipais, de acordo co disposto no artigo 85.2.A).d) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local. 

TUSSA é unha sociedade anónima, constituída por un único socio, o Concello de Santiago, séndolle de aplicación o disposto para este tipo de sociedades no Real Decreto Lexislativo 1/2010, de 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Sociedades de Capital. 

Segundo o artigo 85 ter.1 da Lei 7/1985, as sociedades mercantís locais rexeranse integramente, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo ordenamento xurídico privado, agás as materias nas que lles sexa de aplicación a normativa orzamentaria, contable, de control financeiro, de control de eficacia e contratación. 

Aos efectos do establecido no artigo 3 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP), pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, TUSSA forma parte do sector público do Concello de Santiago e ten a consideración de poder adxudicador que non reúne a condición de Administración Pública.

Estrutura organizativa

Órganos de Goberno

Consello de Administración

Presidenta:Dª Mª Goretti Sanmartín Rei
Vicepresidente:D. Xan Duro Fernández
Vogais:D. Xesús Manuel Domínguez Domínguez
 Dª Mª Rosario Ferreiro Varela
 

D. Adrián Villa Torres

D. Gumersindo Guinarte Cabada

  
Director-xerente:D. José Ramón Mosquera Ferreiro
Secretario:D. José Manuel González García
Interventor:D. Francisco Javier Ulloa Arias

 

Escritura de Constitución Social e Estatutos vixentes

Orzamentos

Os orzamentos anuais poden consultarse e descargarse dende a páxina web do Concello de Santiago.

Enlace para consulta

Contas anuais

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220