Aviso legal

LEI DE SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E COMERCIO ELECTRÓNICO
En cumprimento do disposto no art. 10 da Lei 34/2002 de 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información (L.S.S.I.) , dáse a coñecer a seguinte Información Xeral:
Que o dominio www.tussa.org a partir de agora Sitio web está rexistrado a nome de SOCIEDADE MUNICIPAL DE XESTION DO TRANSPORTE URBANO DE SANTIAGO, S.A. con domicilio social en rúa Clara Campoamor, s/n (Est Autobuses) , 15702 - Santiago de Compostela (A Coruña); sociedade provista do CIF ESA15692890.

CONDICIÓNS DE USO

I.- USUARIOS/AS
O acceso e/ou uso do Sitio web www.tussa.org, atribúe a quen o realiza a condición de usuario/a, aceptando, desde ese mesmo momento, plenamente e sen reserva algunha, as presentes condicións xerais, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do Sitio web.
II.- USO DO SITIO WEB, OS SEUS SERVIZOS E CONTIDOS
O/o usuario/a comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.
Así mesmo, queda prohibido o uso da Web con fins ilícitos ou lesivos contra O TITULAR ou calquera/a terceiro/a, ou que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do Sitio web.
Respecto dos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:
A súa reprodución, distribución ou modificación, a menos que se conte coa autorización dos seus lexítimos/as titulares ou resulte legalmente permitido.
Calquera vulneración dos dereitos do TITULAR ou dos seus lexítimos/as titulares sobre os mesmos.A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.
Calquera intento de obter os contidos do Sitio web por calquera medio distinto dos que se poñan a disposición dos/os usuarios/as así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non causen prexuízo algún á web.
III.- MODIFICACIÓN UNILATERAL
O TITULAR poderá modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e deseño do Sitio web, así como modificar ou eliminar os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do mesmo.
IV.- HIPERENLACES
O establecemento de calquera "hiperenlace" entre unha páxina web e o Sitio web estará sometido ás seguintes condicións:
Non se permite a reprodución, nin total nin parcial, de ningún dos servizos nin contidos do sitio web.
Salvo consentimento previo e expreso, a páxina web na que se estableza o hiperenlace non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes ao TITULAR
Baixo ningunha circunstancia, O TITULAR será responsable dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina web desde a que se realice o "hiperenlace" nin das informacións e manifestacións incluídas nas mesmas.
V. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE
O TITULAR non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen traer causa de:
A falta dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da Web e/ou dos seus servizos ou contidos.
A falta de utilidade, adecuación ou validez da Web e/ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou expectativas dos usuarios.A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte dos/os usuarios/as, dos contidos.
O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes Condicións Xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública, do Sitio web, os seus servizos ou contidos, por parte dos usuarios.
A falta de licitud, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros/as e postos a disposición dos/os usuarios/as no Sitio web.
O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigacións ou compromisos en relación cos servizos prestados aos usuarios/as a través do Sitio web.
VI. DURACIÓN
A duración da prestación do servizo do Sitio web e dos servizos é de carácter indefinido.
Sen prexuízo do anterior, O TITULAR resérvase o dereito para interromper, suspender ou terminar a prestación do servizo da Web ou de calquera dos servizos que o integran, nos mesmos termos que se recollen na condición terceira.
VII. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
As presentes Condicións Xerais rexeranse pola lexislación española.SOCIEDADE MUNICIPAL DE XESTION DO TRANSPORTE URBANO DE SANTIAGO, S.A. e o usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais do domicilio do usuario para cantas cuestións puidesen suscitarse ou accións exercitarse derivadas da prestación do servizo da Web e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido.
No caso de que o Usuario/a teña o seu domicilio fóra de España, SOCIEDADE MUNICIPAL DE XESTION DO TRANSPORTE URBANO DE SANTIAGO, S.A. e o Usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela


BAIXA DE COMUNICACIÓNS COMERCIAIS
De conformidade coa lei de servizos da sociedade da información 34/2002 garántese ao usuario a posibilidade de deixar de recibir información comercial nun prazo máximo dun mes desde que comunique a súa vontade mediante correo electrónico dirixido a dpd@tussa.gal.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220