Servizos de transporte con motivo do festival Rock in Way no Monte do Gozo

Novas de Tussa
Consulten os servizos de transporte para o festival Rock in Way no Monte do Gozo o venres 9 e o sábado 10 de setembro:

Con motivo dos concertos os vindeiros venres 9 e sábado 10 de setembro no auditorio do Monte do Gozo, dende a Concellaría de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico planificouse o servizo do seguinte xeito:

As liñas 6 e 7 do transporte urbano acceden ás inmediacións do Monte do Gozo, cunha frecuencia de 20 minutos no caso da liña 6 e de 60 minutos para a liña 7.

As paradas máis céntricas de acceso a estas liñas son:


- Liña 6 dirección San Marcos: rúa do Hórreo (estación de ferrocarril), rúa do Hórreo (Parlamento de Galicia), rúa do Hórreo nº 23, rúa da Ensinanza, rúa da Virxe da Cerca nº 10 (fronte á praza de abastos) e Porta do Camiño.

- Liña 7 dirección Aríns: rúa de Valle Inclán, rúa da Virxe da Cerca (praza de abastos), rúa da Fonte de San Antonio nº 3 e Praza de Galicia nº 3 (Banco de Santander).

Haberá un servizo extraordinario de autobuses que terá como punto de partida a rúa Ramón Piñeiro (lateral do Parlamento de Galicia), nas inmediacións da estación de ferrocarril. Dito servizo será continuado de ida e volta a partir das 15.00 h, tanto o venres coma o sábado.

Para todos os servizos aplicaranse as tarifas vixentes:

Billete ordinario 1 € / viaxe
Billete escolar (menores de 18 anos) 0,55 € / viaxe
Bono ordinario 0,60 € / viaxe
Bono escolar (menores de 18 anos) 0,40 € / viaxe
Bono mensual 26 €
Bono pensionista 0 €

A empresa municipal TUSSA pon á disposición de todos os usuarios o teléfono de información do transporte urbano, 901 12 00 54, así como a páxina web www.tussa.org

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220