A partir do luns 21 de novembro, a liña C4 do transporte urbano realizará unha saída desde a Avda. de Lugo ás 7.10 h de luns a venres laborables, coas paradas que se detallan de seguido:
Con motivo da mellora da conexión entre a Avda. de Lugo e Fontiñas có hospital Clínico, establécese un novo servizo coa liña C4 con inicio na Avda. de Lugo nº 22 (antes da Cruz Vermella) e que realizará as paradas habituais da liña C4 nesa zona: Avda. de Lugo (xulgados), rúas de Berlín, Lisboa, Londres, París e Roma, Avda. do Camiño Francés e estación de autobuses, para continuar en dirección ao hospital Clínico.