DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Desvío nas liñas C2 e C4 do transporte urbano (do sábado 31/3 ao 11/4)

Liña C2: saída da estación de autobuses e itinerario habitual por San Caetano e inicio do Camiño Francés para desviarse por rúa Monte dos Postes, rúa de Valiño e itinerario habitual cara a rúa de Roma.

Liña C4: itinerario habitual ata a rúa de Roma, para desviarse por rúa de Valiño, rúa das Fontiñas, rúa Fonte dos Concheiros, Avda. Rodríguez de Viguri e entrada á estación de autobuses.

Desvío nas liñas 5 e C2 do transporte urbano (luns 27/2/2012)

En dirección sur, o percorrido habitual por Avda. de Vilagarcía, García Prieto e Sánchez Freire realizarase na súa totalidade pola Avda. de Ferrol. Deste xeito, os autobuses realizarán paradas alternativas na Avda. de Ferrol en dirección sur, aproximadamente á mesma altura das xa existentes nesta avenida no sentido contrario.

Pregamos desculpen as molestias que esta alteración lles poida ocasionar.

Desvíos nas liñas do transporte urbano con motivo do desfile de Entroido (21/2/2012)

Deste xeito, as liñas en dirección norte - sur evitarán a praza de Galicia e rúa da Senra no momento do desfile, desviandose por Patio de Madres, Bernardo Barreiro e Avda. de Lugo.

En dirección sur - norte, evitarán a zona centro realizando desvío por Avda. Romero Donallo, rúa do Hórreo e Avda. de Lugo.

Pregamos desculpen as molestias que estas modificacións lles poidan ocasionar.

Servizos de transporte urbano os días 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro

DÍAS 24 E 31 DE DECEMBRO:

Nas liñas que non se indican de seguido, os servizos serán os habituais dun sábado.

* Liña 1: derradeiras saídas do polígono do Tambre e do hospital Clínico, ás 21.00 h.

* Liña 4: derradeiras saídas do Romaño e das Cancelas, ás 21.00 h.

* Liña 5: derradeiras saídas de Vite e da Rocha, ás 21.20 h.

* Liña 6: derradeira saída de San Marcos ás 21.00 h; derradeira saída dos Tilos ás 21.15 h.

* Liña 7: derradeira saída de San Roque ás 21.00 h; derradeira saída de Aríns ás 20.30 h.

SERVIZOS DE TRANSPORTE PARA ASISTIR AO ESPECTÁCULO "ALEGRÍA" de Cirque du Soleil (do mércores 7 ao domingo 11 de decembro de 2011)

Haberá un SERVIZO LANZADEIRA para cada un dos espectáculos desde unha hora e media antes do inicio de cada sesión que realizará a saída da rúa Ramón Piñeiro (lateral do Parlamento de Galicia).

Manterase dito servizo ao finalizar cada unha das sesións, saíndo do MULTIUSOS e rematando na rúa RAMÓN PIÑEIRO.

Ademais, todas as liñas circulares do transporte urbano incluen no seu percorrido o barrio de Fontiñas e a rúa Londres (parada máis próxima ao Multiusos), e catro delas teñen paso directo polo Multiusos:

Cambio no percorrido por Mallou na liña 4

Nas saídas das Cancelas das 8.30 h, 10.00 h, 14.00 h, 17.00 h e 20.00 h (de luns a venres) e das 8.30 h e 12.30 h (sábados), o autobús realizará as paradas seguintes:

- Rúa da Queimada nº 67

- Rúa da Queimada nº 15

- Rúa de Mallou (despois do cruce do Cruceiro)

- Rúa de Mallou nº 38

Ao realizar a saída de Mallou pola rúa do Ceo, tamén fará a parada da Costa das Cancelas, parada que no anterior percorrido non se realizaba nestas viaxes de prolongación.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220