SERVIZOS DE TRANSPORTE PARA ASISTIR AO ESPECTÁCULO "ALEGRÍA" de Cirque du Soleil (do mércores 7 ao domingo 11 de decembro de 2011)

Novas de Tussa
Consulten os servizos de transporte para o multiusos Fontes do Sar, con motivo do espectáculo "Alegria" de Cirque du Soleil

Haberá un SERVIZO LANZADEIRA para cada un dos espectáculos desde unha hora e media antes do inicio de cada sesión que realizará a saída da rúa Ramón Piñeiro (lateral do Parlamento de Galicia).

Manterase dito servizo ao finalizar cada unha das sesións, saíndo do MULTIUSOS e rematando na rúa RAMÓN PIÑEIRO.

Ademais, todas as liñas circulares do transporte urbano incluen no seu percorrido o barrio de Fontiñas e a rúa Londres (parada máis próxima ao Multiusos), e catro delas teñen paso directo polo Multiusos:

·         Liña C2: Est. autobuses – Fontiñas – rúa Londres – hospitais – rúa Rosalía de Castro – Vista Alegre – Vite – Est. autobuses. (Con frecuencias de 40’ en días laborábeis e de 60’ en fin de semana).

 

·         Liña C4: Est. autobuses – Vite – Vista Alegre – rúa Rosalía de Castro – hospitais – Fontiñas – rúa Londres – Est. autobuses. (Con frecuencias de 40’ en días laborábeis).

 

·         Liña C5: Amio – San Lázaro – Fontiñas – rúa Londres – Pza. Galicia – Paxonal – Sar – MULTIUSOS – Fontiñas – San Lázaro – Amio. (Con frecuencias de 60’ en días laborábeis).

·         Liña C6: Amio – San Lázaro – Fontiñas – MULTIUSOS – Sar – Paxonal – rúa do Hórreo – Fontiñas – rúa Londres – San Lázaro – Amio. (Con frecuencias de 60’ en días laborábeis).

·         Liña C9: rúa da Rosa – Avda. de Lugo – Fontiñas – MULTIUSOS – Fontiñas – Virxe da Cerca – rúa da Rosa. (Con frecuencias de 30’-40’ en días laborábeis).

·         Liña C11: rúa París – Fontiñas – Avda. de Lugo – Curros Enríquez – rúa Xeneral Pardiñas – Pza. de Galicia – rúa dos Concheiros – rúa Londres – MULTIUSOS – rúa París. (Con frecuencias de 15' de luns a sábados laborábeis, e de 20’ o domingo pola tarde).

Para máis información, teñen á súa disposición o número de teléfono de información do transporte urbano,  901 12 00 54, ou en www.tussa.org

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220