A prolongación da liña 4 pola zona de Mallou modificará o seu percorrido a partir do xoves 1 de decembro.
Nas saídas das Cancelas das 8.30 h, 10.00 h, 14.00 h, 17.00 h e 20.00 h (de luns a venres) e das 8.30 h e 12.30 h (sábados), o autobús realizará as paradas seguintes:
- Rúa da Queimada nº 67
- Rúa da Queimada nº 15
- Rúa de Mallou (despois do cruce do Cruceiro)
- Rúa de Mallou nº 38
Ao realizar a saída de Mallou pola rúa do Ceo, tamén fará a parada da Costa das Cancelas, parada que no anterior percorrido non se realizaba nestas viaxes de prolongación.