DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Desvíos en Fontiñas por corte na rúa París (a partir do luns 18/6/2012)

A duración aproximada será dunhas 3 semanas e afectará ás liñas C4, C5, C6 e C11.

Quedará suprimida a parada 362 en rúa París, cabeceira da liña C11 (Bodegón "As Fontiñas"). Como parada alternativa á mesma, establécese unha parada provisional na rúa de Moscova, confluencia con rúa París (no mesmo cruce onde está a parada suprimida), para as liñas C5, C6 e C11, pero non para a C4, liña para a cal a parada do Bodegón quedará totalmente suprimida.

O detalle dos desvíos por liña é o seguinte:

Desvío na liña 8 por corte na rúa Poza de Bar (mércores 28/8/2013)

Itinerario habitual por rúa da Senra, continuando por Avda. de Xoán Carlos I, Avda. da Coruña, Avda. das Ciencias e retomando o seu itinerario habitual por San Lourenzo.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas exclusivamente para a liña 8:

-p. 554 San Clemente (IES Rosalía de Castro), sendo a súa alternativa a parada 113, na Avda. Xoán Carlos I (Igrexa do Pilar).

-p. 223 Cruceiro de Gaio.

-p. 402 Rúa Poza de Bar.

Os servizos afectados serán as saídas do tanatorio de Boisaca / Camiño dos Vilares comprendidas entre as 15:00 e as 19:00.

Servizos de transporte para os concertos do festival "SONa" no multiusos Fontes do Sar (16/5/2012)

Haberá un SERVIZO LANZADEIRA con saída da rúa Ramón Piñeiro (lateral Parlamento de Galicia) desde as 18:30 ata as 21:00.

A LIÑA 9 (Casas Novas – rúa da Senra – Cidade da Cultura) accede ao multiusos cada 60 minutos, con saídas de Casas Novas ás 18:30, 19:30 e 20:30, e pasando uns minutos despois pola rúa da Senra (dirección Norte), rúa da Ensinanza, rúa Virxe da Cerca e rúa de San Pedro.

Desvíos por corte de tráfico na rúa de San Pedro (5/5/2012)

As liñas 6, 9, 13, C6 e C11 en dirección rúa de San Pedro - Concheiros, realizarán desvío por San Roque, Basquiños e Avda. de Rodríguez de Viguri.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas durante o corte de tráfico:

- Porta do Camiño.

- Rúa de San Pedro nº 58.

- Cruceiro de San Pedro.

- Concheiros nº 64.

Pregamos desculpen as molestias que esta modificación lles poida ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220