Desvíos en Fontiñas por corte na rúa París (a partir do luns 18/6/2012)

Novas de Tussa
Debido a un corte de tráfico que terá lugar a partir do luns 18 na rúa París (treito de Bruxelas a Moscova, soamente en sentido de subida), determinadas liñas que circulan pola zona sofrirán as seguintes modificacións:

A duración aproximada será dunhas 3 semanas e afectará ás liñas C4, C5, C6 e C11.

Quedará suprimida a parada 362 en rúa París, cabeceira da liña C11 (Bodegón "As Fontiñas"). Como parada alternativa á mesma, establécese unha parada provisional na rúa de Moscova, confluencia con rúa París (no mesmo cruce onde está a parada suprimida), para as liñas C5, C6 e C11, pero non para a C4, liña para a cal a parada do Bodegón quedará totalmente suprimida.

O detalle dos desvíos por liña é o seguinte:

- Liña C4: rúa París, xiro á dereita por rúa Bruxelas, rúa Roma e continuando o seu itinerario habitual (non accede á rúa Moscova).

- Liñas C5 e C6: rúa París, xiro á dereita por rúa Bruxelas, rúa Roma, xiro á esquerda en rúa Moscova realizando parada alternativa, e novamente rúa París retomando o seu traxecto.

- Liña C11: rúa París, xiro á dereita por rúa Bruxelas, rúa Roma, xiro á esquerda en rúa Moscova e terminal de liña en parada alternativa.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220