Desvíos por corte da rúa Fontes do Sar desde o 4 de xuño

Novas de Tussa
Debido ás obras que se acometerán nesa rúa a partir do luns 4 de xuño, as liñas 9, C5 e C11 realizarán os desvíos que se indican de seguido:

O corte, que será efectivo por espazo dun mes, afectará soamente ao sentido de subida da rúa Fontes do Sar (desde a rotonda no cruce coa rúa do Vieiro ata a rotonda da rúa Londres). Quedará pois suprimida a parada do transporte urbano da rúa Fontes do Sar (dirección centro).

As liñas afectadas realizarán os seguintes desvíos:

* Liña 9 (soamente en dirección Casas Novas): despois das piscinas, desviarase pola Costa do Vieiro, rúa Dublín, rúa Londres (dirección rotonda EGAP), cambiará o sentido na rotonda, voltará pola rúa Londres realizando a parada nesa rúa e seguirá o seu itinerario habitual pola rúa Lisboa.

* Liña C5: despois das piscinas, desviarase pola Costa do Vieiro, rúa Dublín, rúa Londres e itinerario habitual pola rúa París cara Amio.

* Liña C11 (soamente os sábados, domingos e festivos nas viaxes de prolongación ao multiusos): volvendo do multiusos realizará o mesmo desvío que a liña C5 ata a súa terminal en Fontiñas.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220