Haberá un SERVIZO LANZADEIRA con saída da rúa Ramón Piñeiro (lateral Parlamento de Galicia) desde as 18:30 ata as 21:00.
A LIÑA 9 (Casas Novas – rúa da Senra – Cidade da Cultura) accede ao multiusos cada 60 minutos, con saídas de Casas Novas ás 18:30, 19:30 e 20:30, e pasando uns minutos despois pola rúa da Senra (dirección Norte), rúa da Ensinanza, rúa Virxe da Cerca e rúa de San Pedro.
A LIÑA C11 (circular de Fontiñas) realiza parada na rúa de Londres, próxima ao multiusos Fontes do Sar, cunha frecuencia de 15 minutos. As paradas máis céntricas para acceder a esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza, rúa Virxe da Cerca e rúa de San Pedro.