DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 8 para este sábado (28/7/2012)

Itinerario habitual por estrada de San Lourenzo, desde a cal se accede ao campus por rúa José Mª Suárez Núñez, Vicente Fraíz Antón (facultade de Psicoloxía), Lope Gómez de Marzoa, Avda. Mestre Mateo, Rosalía de Castro e itinerario habitual por Avda. Xoán Carlos I.

Quedarán suprimidas as paradas da Carballeira de San Lourenzo, Avda. das Burgas e Avda. da Coruña, sendo paradas alternativas a estas as do transporte urbano no itinerario do desvío.

Pregamos desculpen as molestias que estas modificacións lles podan ocasionar.

Servizo á Cidade da Cultura con motivo do "Atardecer no Gaiás"

* Xoves e venres (desde 5/7 ata o 7/9):

Para o acceso á CDC: liña 9, nos seus horarios habituais (enlace aos horarios ao final da nova).

Para voltar cara o centro: liña 9 (derradeira saída da CDC ás 22:00) ou ben có novo servizo da liña C11, a saída de Fontiñas das 22:50, que subirá ao Gaiás en dirección ao centro da cidade.

* Sábados (desde 7/7 ata o 8/9):

Para o acceso á CDC: liña C11, nos seus horarios habituais (enlace aos horarios ao final da nova).

Desvío na liña 5 por corte en República do Salvador (sábado 30/6/2012)

- Desvío (liña 5 en dirección Rocha): rúa Doutor Teixeiro, rúa da Rosa, rúa San Pedro de Mezonzo, Praza Roxa e itinerario habitual por Frei Rosendo Salvado.

- Parada suprimida: Rúa República do Salvador.

- Servizos da liña afectados: saídas de Vite ás 7:00, 7:20 e 7:40.

Pregamos desculpen as molestias que esta alteración lles poda ocasionar.

Horarios de Verán 2012

No seguinte enlace achégase o folleto informativo de horarios e plano que estará a disposición dos usuarios a partir desta mesma semana nos propios autobuses, nas oficinas de TUSSA, na estación de autobuses, na oficina de Atención ao Cidadán e na casa das Asociacións.

Desvío nas liñas 5 e C2 na zona de Conxo (xoves 28/6/2012)

O desvío será, en todos os servizos do día, desde primeira hora:

* Liña 5 (dirección Rocha) e liña C2: rúa Frei Rosendo Salvado e desvío por Avda. de Ferrol retomando o itinerario habitual na rotonda de Conxo.

Quedarán suprimidas ao longo de todo o día as seguintes paradas:

- Parada 95: Avda. de Vilagarcía nº 26

- Parada 269: García Prieto nº 18-22 (Doutor Maceira)

- Parada 270: García Prieto nº 64

- Parada 575: Sánchez Freire

Desvío nas liñas por corte na rúa de San Pedro (29 e 30 de xuño)

A partir das 19:00 do venres e durante toda a xornada do sábado, as liñas 6 (dirección San Marcos), 9, 13, C6 e C11 desviaranse por San Roque, Basquiños e Avda. Rodríguez de Viguri.

Realizarán dúas paradas alternativas: unha na Porta do Camiño (entrada á rúa de San Roque, antes de comezar o desvío); e outra na Avda. Rodríguez de Viguri (antes do cruce coa rúa Concheiros).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220