DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Desvíos en liñas do transporte urbano (liñas 5, 13 e C2)

* Casas Novas: a partir das 18.00 h do día 2 de setembro, e durante os días 3 e 4, a rúa de Casas Novas permanecerá cortada, de xeito que o autobús da liña 13 despois de subir a costa de Santa Isabel dará a volta na confluencia coa rúa de Monte Pío. Este corte afectará tamén ás viaxes durante a fin de semana coa liña 4 ás Casas Novas.

* Campo de Conxo: cortarase ao tráfico o treito comprendido entre a rotonda de Conxo e Televés na Benéfica de Conxo, o sábado a partir das 21.00 h e o domingo a partir das 12.00 h da mañá e durante o resto do día.

Corte de tráfico na rúa de San Pedro (1 e 2 de xullo)

As liñas 6, 8, C6 e C11 desviaranse por San Roque e pola estación de autobuses nos horarios seguintes:

- Venres 1 de xullo: desde as 19.00 h ata finalizar o servizo.

- Sábado 2 de xullo: desde as 8.00 h ata a finalización do mercado que se vai celebrar na rúa de San Pedro.

Quedarán suprimidas as paradas das rúas de San Pedro e Concheiros para estas liñas.

Pregamos desculpen as molestias.

HORARIOS DE VERÁN 2011

É de destacar nestes horarios o mantemento da mesma liña de reducións que en anos anteriores. Ademais editaranse 10.000 folletos informativos que estarán a disposición dos usuarios a partir desta mesma semana nos propios autobuses, nas oficinas de TUSSA, na estación de autobuses, na oficina de Atención ao Cidadán e na casa das Asociacións.

Corte de tráfico nas Fontiñas por mor das festas patronais

1. A rúa Roma quedará pechada ao tráfico e ao estacionamento de vehículos donde as 15.00 horas do mércores día 8 ata as 15.00 horas do luns 13 de xuño.

2. A rúa Bruxelas, no tramo comprendido entre as rúas París e Roma, tamén quedará cortada ao tráfico durante o mesmo tempo.

3. A entrada e saída ao colexio público de Fontiñas efectuarase polo carril de baixada da rúa Roma, entre as rúas Moscova e Bruxelas.

4. O transporte público accederá ás rúas Roma e París pola rúa Moscova.

As modificacións estarán debidamente sinalizadas.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220