* Casas Novas: a partir das 18.00 h do día 2 de setembro, e durante os días 3 e 4, a rúa de Casas Novas permanecerá cortada, de xeito que o autobús da liña 13 despois de subir a costa de Santa Isabel dará a volta na confluencia coa rúa de Monte Pío. Este corte afectará tamén ás viaxes durante a fin de semana coa liña 4 ás Casas Novas.
* Campo de Conxo: cortarase ao tráfico o treito comprendido entre a rotonda de Conxo e Televés na Benéfica de Conxo, o sábado a partir das 21.00 h e o domingo a partir das 12.00 h da mañá e durante o resto do día.
Os desvíos neste caso serán os seguintes:
- Liña 5 dirección Rocha: itinerario habitual ata Sánchez Freire para despois desviarse polo periférico ata a rúa Volta do Castro (direcc. centro cidade), Feliciano Barrera, Ildefonso Sánchez Mera (residencia), rúa dos Roláns e Benéfica de Conxo, retomando o seu itinerario en dirección á Rocha.
- Liña 5 dirección Vite: itinerario habitual ata Benéfica de Conxo para despois desviarse pola rúa dos Roláns, Ildefonso Sánchez Mera, Feliciano Barrera, rúa Volta do Castro, periférico dirección rotonda de Conxo e itinerario habitual por Avda. de Ferrol.
- Liña C2 dirección hospital Clínico: itinerario habitual por Sánchez Freire e hospital Provincial para despois desviarse polo periférico, saída na rúa Volta do Castro (direcc. Rocha), rúa de Torrente, Benéfica de Conxo e itinerario habitual por rúa dos Roláns.
Informamos igualmente que durante a xornada do domingo día 4 produciranse cortes puntuais de tráfico ao longo do día con motivo das procesións do Rosario, podendo ocasionar pequenos retrasos nas liñas do transporte urbano.
Pregamos desculpen as molestias que estas modificacións lles poidan ocasionar.