Corte de tráfico nas Fontiñas por mor das festas patronais

Novas de Tussa
O departamento de Circulación Viaria do Concello informa que, con motivo das festas patronais de Fontiñas entre os días 8 e 13 de xuño, e a petición da asociación organizadora das mesmas, o brarrio sufrirá as seguintes modificacións no tráfico:

1. A rúa Roma quedará pechada ao tráfico e ao estacionamento de vehículos donde as 15.00 horas do mércores día 8 ata as 15.00 horas do luns 13 de xuño.

2. A rúa Bruxelas, no tramo comprendido entre as rúas París e Roma, tamén quedará cortada ao tráfico durante o mesmo tempo.

3. A entrada e saída ao colexio público de Fontiñas efectuarase polo carril de baixada da rúa Roma, entre as rúas Moscova e Bruxelas.

4. O transporte público accederá ás rúas Roma e París pola rúa Moscova.

As modificacións estarán debidamente sinalizadas.

O Concello de Santiago prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220