DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío nas liñas 5 e C2 por corte na rúa Sánchez Freire (martes 3/9 de 16:00 a 19:00)

*A liña 5 sentido Rocha e a liña C2, entre as 16:00 e as 19:00 desviaranse pola rúa Xosé Pasín e avda. de Ferrol, retomando o seu itinerario na rotonda de Conxo.

Quedará suprimida neste horario a parada 575, Sánchez Freire. Realizarase unha parada alternativa na avda. de Ferrol, á altura da praza da Mercé.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvío na liña 7 por corte de tráfico en Ponte de Sar (sábado 11 e domingo 12 de maio de 2019)

*Sentido Aríns: desde pza. Galicia – rúa do Hórreo – Avda. Lugo – rúa Londres – rúa Fontes de Sar – rúa Diego Bernal (multiusos) e itinerario habitual por rúa Ponte de Sar.

Paradas suprimidas: (462) rúa Castrón Douro; (516) rúa de Sar de Afora nº 90; (194) Colexiata de Sar; (387) Ponte de Sar nº 22.

*Sentido rúa Valle Inclán: o percorrido inverso, desde a rúa Ponte de Sar por Diego Bernal, rúa Fontes de Sar, rúa Londres, avda. de Lugo, Bernardo Barreiro e rúa Curros Enríquez.

Desvío nas liñas C5 e C6 por corte de tráfico na rúa da Estrada (martes 7/5 a partir das 12:00)

*Liña C5:

Itinerario habitual ata a rotonda do Castiñeiriño, desviándose por Paxonal en sentido de baixada, rúa Clara Campoamor, Bernardo Barreiro, Curros Enríquez, Castrón Douro, rúa de Sar, rúa da Ponte de Sar, e retomando o seu itinerario habitual na rúa de Diego Bernal cara o multiusos.

-Paradas suprimidas: (465) rúa da Estrada nº 74; (464) rúa da Estrada nº 28; (588) Santasmariñas nº 49; (374) Picaños nº 55; (376) Picaños nº 7; (386) Ponte de Sar nº 55.

Desvío na liña 5 por corte de tráfico en Poza Real (de 15:30 a 17:30, xoves 21 de marzo)

*Liña 5 en sentido Rocha: ao finalizar a rúa de Torrente, desviarase por rúa da Ponte da Rocha, rúa de Volta do Castro, rotonda de Volta do Castro, acceso ao periférico e viaducto da Rocha, acceso á Rocha Vella e rúa do Churruchao e parada final da liña en Poza Real de Arriba.

Neste sentido de circulación, quedarán suprimidas as paradas: (404) Poza Real de Abaixo, Sta. Apolonia; e (403) Poza Real de Abaixo.

Desvío na liña C2 por corte na avda. da Liberdade (martes 5/3 de 11:00 a 13:00)

No horario indicado, a liña C2 na saída do hospital Clínico circulará pola rúa da Choupana. Quedará suprimida a parada 686 na avda. da Liberdade. Os usuarios poden dirixirse á parada 187 na rúa da Choupana, que a liña realizará como alternativa.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvío na liña 15 por corte de tráfico no Campus Sur (xoves 14/2 de 9:00 a 14:00)

*Liña 15, xoves 14 de febreiro, entre as 9:00 e as 14:00:

Desde o acceso habitual ao campus por Mestre Mateo e Jenaro de la Fuente, a liña 15 desviarase á esquerda por Lope Gómez de Marzoa, Vicente Fraíz Andón, José María Suárez Núñez, carballeira de San Lourenzo, avda. das Burgas, avda. de Compostela, avda. da Coruña e retomará o seu itinerario pola avda. das Ciencias (na parada do campo de hóckey).

Quedará suprimida a parada 96, avda. Lope Gómez de Marzoa (facultade de Relacións Laborais).

Desvío na liña 13 por corte en Quiroga Palacios (sábado 23/2/2019)

A partir das 8:00, o autobús da liña rematará o percorrido na parada 86, no carril de servizo da avda. de Lugo, antes do cruce con Quiroga Palacios. Desde esa parada iniciará tamén o novo traxecto cara Xeneral Pardiñas.

Quedarán suprimidas as paradas: (91) avda. de Lugo nº 151; (677) Camiño da Ameixaga nº 8; (111) avda. Teodomiro (Seminario Menor); (416) Quiroga Palacios nº 10; e (417) Quiroga Palacios nº 54.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220