*Liña 5 en sentido Rocha: ao finalizar a rúa de Torrente, desviarase por rúa da Ponte da Rocha, rúa de Volta do Castro, rotonda de Volta do Castro, acceso ao periférico e viaducto da Rocha, acceso á Rocha Vella e rúa do Churruchao e parada final da liña en Poza Real de Arriba.
Neste sentido de circulación, quedarán suprimidas as paradas: (404) Poza Real de Abaixo, Sta. Apolonia; e (403) Poza Real de Abaixo.
*Liña 5 en sentido Vite: desde a rotonda de Poza Real de Arriba, accederá ao periférico e viaducto da Rocha, rotonda de Volta do Castro, rúa de Volta do Castro, rúa da Ponte da Rocha e retomará o seu itinerario habitual na rúa de Torrente.
Neste sentido de circulación, quedarán suprimidas as paradas: (405) Poza Real de Abaixo; e (406) Poza Real de Abaixo, Sta. Apolonia. Os autobuses realizarán unha parada alternativa para o colexio Sta. Apolonia no inicio da rúa Torrente, á altura do número 75.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.