DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Restricións circulatorias e desvíos por asfaltado de vías na cidade (martes 29 de xullo, venres 1 e sábado 2 de agosto)

-MARTES 29/7:
Corte total na rúa Monte dos Postes (de Camiño Francés a rúa das Fontiñas), de 14:30 a 19:00.
No horario indicado, as liñas 6, 6A e C11 realizarán os desvíos seguintes:
*Liñas 6 + 6A con sentido de circulación SAN MARCOS e AEROPORTO: desde a parada habitual 533 en avda. Rodríguez de Viguri (lateral antiga estación) desviaranse cambiando de sentido na rotonda con Monte dos Postes, avda. do Camiño Francés e rúa de San Lázaro.
Paradas suprimidas: 696, Monte dos Postes nº 47; 496, rúa das Fontiñas CEIP; 636, Valiño nº 2.

Desvío na liña P1 por corte de tráfico en Carme de Abaixo (luns 28/7, entre as 8:00 e as 15:00)

*Pza. Camilo D. Baliño - Folgoso:
Despois da rúa do Pombal, desviarase por Galeras, costa de Casas Novas e Monte Pío, para incorporarse ao seu itinerario habitual no cruce entre Monte Pío e Carme de Abaixo.
Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (224) Cruceiro de Gaio e (164) Carme de Abaixo 2. As paradas alternativas máis próximas serán a parada 265, Galeras nº 16A e a parada habitual 162, Carme de Abaixo no cruce con Monte Pío.
*Folgoso – pza. Camilo D. Baliño:

Desvío por corte na rúa República Arxentina (a partir das 8:00 do luns 7 ata o venres 11 de xullo)

*As liñas 5, 15 e C4 desviaranse por Romero Donallo, Hórreo e San Pedro de Mezonzo, retomando o seu itinerario no seguinte tramo de Rep. Arxentina.
Quedará suprimida para estas liñas a primeira parada de Rep. Arxentina: (432) Rep. Arxentina nº 43 (cruce Romero Donallo).
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar. 

Desvío na liña 13 por corte de tráfico para tráfico pesado na rúa Quiroga Palacios (mércores 2/7, de 8:30 a 18:00)

No traxecto Xeneral Pardiñas – Belvís, a liña 13 realizará o seguinte desvío:
-Itinerario habitual por Porta do Camiño e inicio da rúa de San Pedro, para desviarse continuando pola rúa de San Pedro, Concheiros e Avda. de Lugo. A liña realizará a derradeira parada do traxecto e o tempo de espera na marquesiña da parada 86 (avda. de Lugo, cruce con Quiroga Palacios).
Paradas suprimidas:
(498) Calzada de S. Pedro, Don Bosco
(499) Rúa de Belvís, convento
(111) Avda. Teodomiro, Seminario Menor
(416) Quiroga Palacios nº 10
(417) Quiroga Palacios nº 54

Desvío por corte de tráfico na zona de Conxo (a partir das 8:00 do martes 1/7)

(DESVÍO EN SENTIDO SUR DE CIRCULACIÓN, liñas 5 e C2):
Desde a rotonda de Conxo cara o Campo de Conxo e Benéfica: os autobuses das liñas 5 a Rocha e C2 non poderán circular.
*Liña 5 sentido Rocha: desde a rotonda de Conxo desviarase pola SC-20 incorporándose á rotonda de Volta do Castro, rúa Volta do Castro (sentido sur, cara Rocha) e retomando o itinerario habitual na rúa Poza Real de Abaixo (Santa Apolonia).
-Paradas suprimidas LIÑA 5 sentido Rocha:

Desvíos por corte de tráfico nas rúas de San Pedro e Concheiros (venres 27 a domingo 29 de xuño de 2025)

O venres 27 de xuño, entre as 18:00 e as 20:00, cortarase ao tráfico a rúa de San Pedro, corte que lle afectará ás liñas 13 e C11.
O sábado 28, cortaranse ao tráfico as rúas de San Pedro e Concheiros desde as 8:00 ata a finalización dos servizos do día, afectando ás liñas 13 e C11; e ás liñas 9, 13 e C5 en sentido Concheiros – Angustia – Bonaval.
Por último, o domingo 29 entre as 10:00 e as 14:00 haberá cortes puntuais con motivo dun desfile, que lle afectará á liña C11 no paso por San Pedro.
*Desvío sentido norte (de Virxe da Cerca a San Pedro e Concheiros):

Desvíos por cortes de tráfico o luns 23 de xuño

*Corte en Conxo, nas rúas Sánchez Freire e Campo de Conxo, afectando ás liñas 5, C2 e C4.
Estas rúas estarán cortadas a partir das 20:00 do luns 23.
Debido a este corte, as liñas 5, C2 e C4 realizarán os seguintes desvíos:
-Liña 5 sentido Rocha: despois de García Prieto, desviaranse pola avda. de Ferrol, SC-20 ata a rotonda de Volta do Castro, continuando o percorrido habitual por Poza Real de Abaixo (Sta. Apolonia).

Desvíos no transporte urbano por peche ao tráfico da rúa do Pombal en sentido de subida (a partir das 9:00 do luns 23/6 durante 2 semanas)

Desvíos:
*Liña 4, traxecto Romaño – As Cancelas.
*Liña 9, traxecto Casas Novas – Cidade da Cultura.
*Liña C4, circulando desde Galeras a hospitais.
*Liña P1, traxecto Folgoso – San Caetano.
*Liña P7, traxectos desde Grixoa, Peregrina e Pardaces a Porta do Camiño e San Caetano. 
Estas liñas nos traxectos indicados desviaranse por Poza de Bar, avda. das Burgas, avda. da Coruña e Xoán Carlos I ou Rosalía de Castro
Paradas suprimidas:

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220