Restricións circulatorias e desvíos por asfaltado de vías na cidade (martes 29 de xullo, venres 1 e sábado 2 de agosto)

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO
Con motivo das obras de asfaltado que terán lugar na cidade ao longo da vindeira semana, varias liñas terán alteracións de percorrido e restricións:

-MARTES 29/7:
Corte total na rúa Monte dos Postes (de Camiño Francés a rúa das Fontiñas), de 14:30 a 19:00.
No horario indicado, as liñas 6, 6A e C11 realizarán os desvíos seguintes:
*Liñas 6 + 6A con sentido de circulación SAN MARCOS e AEROPORTO: desde a parada habitual 533 en avda. Rodríguez de Viguri (lateral antiga estación) desviaranse cambiando de sentido na rotonda con Monte dos Postes, avda. do Camiño Francés e rúa de San Lázaro.
Paradas suprimidas: 696, Monte dos Postes nº 47; 496, rúa das Fontiñas CEIP; 636, Valiño nº 2.
*Liñas 6 + 6A con sentido de circulación OS TILOS e HÓRREO ESTACIÓN: desde a rúa de San Lázaro desviaranse pola avda. do Camiño Francés ata a pza. de España.
Paradas suprimidas: 635, Valiño nº 17; 495, rúa das Fontiñas CEIP; 695, Monte dos Postes nº 8; 108, Rodríguez de Viguri nº 16.
*Liña C11: despois de sair da parada 150, Camiño Francés, centro comercial, desviaranse cambiando de sentido na rotonda, continuarán por Camiño Francés sentido San Lázaro e retomarán itinerario na rúa París.
Paradas suprimidas: 496, rúa das Fontiñas CEIP.
Todas as paradas do transporte urbano nos itinerarios de desvío serán paradas alternativas a demanda de usuarios.

-VENRES 1 e SÁBADO 2/8:
Cortes puntuais no polígono do Tambre (rotondas vía Edison, La Cierva e Nóbel), desde as 21:00 do venres 1 ata as 18:00 do sábado 2 de agosto.
Ditos cortes poden ocasionar retencións e desvíos puntuais nos seguintes servizos:
*Liña P6: servizos do venres ás 21:25 e 22:05; e os oito servizos do sábado pola mañá, entre as 6:40 e 14:05.
*Prolongación a Son coa Liña 1: sábado, saída de Garabal ás 7:25.
*Prolongación a Son coa liña P2: sábado, saídas de Laraño ás 8:10 e 14:00
*Prolongación a Tanatorio coa liña 8: sábado, dez servizos con saídas do tanatorio entre as 8:00 e as 17:00.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220