DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío nas liñas 5 e C2 por corte de tráfico na rúa García Prieto o luns 16 (9:30 a 20:00) e o martes 17/6 (9:30 a 15:00)

Despois da rúa Frei Rosendo Salvado, desviaranse pola avda. de Ferrol, quedando suprimidas as seguintes paradas:
* Parada 95: avda. Vilagarcía nº 26
* Parada 269: García Prieto nº 18-22 (Doutor Maceira)
* Parada 270: García Prieto nº 64
* Parada 575: Sánchez Freire
Os autobuses realizarán tres paradas alternativas no desvío pola avda. de Ferrol, aproximadamente á mesma altura que as existentes no carril contrario desa avenida. As liñas voltarán ao seu percorrido habitual no momento en que se reabra ao tráfico a rúa cortada.

Desvíos por corte de tráfico en Ponte de Sar (desde as 8:00 do luns 9/6 ás 15:00 do sábado 14/6/2025)

Os servizos da liña 7 a partir desa hora desviaranse por Diego Bernal, multiusos, Fontiñas e avda. de Lugo, retomando o seu itinerario na rúa Curros Enríquez.
Quedarán suprimidas as paradas: 
-Sentido Aríns e Fornás: (462) Curros Enríquez, cruce Castrón Douro; (516) Sar de Afora nº 90; (194) Colexiata de Sar; (387) Ponte de Sar nº 22.
-Sentido Valle Inclán: (388) Ponte de Sar nº 41; (195) Colexiata de Sar; (515) Sar de Afora nº 18; (227) Curros Enríquez nº 25.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvío nas liñas 5 e P6 por corte de tráfico na rúa San Pedro de Mezonzo (venres 30/5 a partir das 16:00)

*Liña P6: non perde ningunha parada habitual, se ben ao sair da rúa da Rosa terá que desviarse cara Santiago de Chile e retomar o itinerario en República Arxentina.
*Liña 5 sentido Rocha: afectada polo desvío que está a realizar actualmente polo corte de Rep. do Salvador. Desviaranse ata o final da rúa da Rosa, Santiago de Chile, retomando o seu itinerario en Frei Rosendo Salvado. 
Quedará suprimida neste horario para a liña 5 a parada 263, Frei Rosendo Salvado. Realizarase unha parada alternativa na confluencia de Santiago de Chile con Frei Rosendo Salvado.

Desvío por corte na rúa Santiago de Chile (sábado 24/5/2025, de 9:00 a 13:00)

As liñas 15 e C2 desviaranse do seu itinerario habitual.
*As liñas 15 sentido Mestre Mateo e C2, desviaranse por Romero Donallo e República Arxentina, retomando o seu itinerario no segundo tramo de Santiago de Chile.
Quedará suprimida para estas liñas a primeira parada de Santiago de Chile: (590) Santiago de Chile nº 31.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvío por corte nun tramo do carril de servizo da avda. de Lugo (a partir das 9:00 do luns 12/5/2025)

A partir das 9:00 do luns 12 de maio e durante uns 2 meses aproximadamente, as liñas C2 e C11 despois de realizar a parada 86 (avda. de Lugo, cruce Quiroga Palacios), deberán incorporarse e circular pola vía principal da avda. de Lugo sen realizar paradas ata a confluencia coa SC-20.
Quedará suprimida a parada 91, situada no carril de servizo (avda. de Lugo nº 151).
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvíos por corte de tráfico no cruzamento entre as rúas Xeneral Pardiñas e República do Salvador (a partir do inicio de servizos do luns 5 de maio)

Quedan suprimidas totalmente as seguintes paradas:
-433 República do Salvador
-673 Xeneral Pardiñas nº 35
-674 Xeneral Pardiñas nº 7
*Liña 5 (traxecto Rocha – Vite), liña 15 (traxecto Campus Sur - Campus Norte) e liña P6 (traxecto rúa da Rosa - Polígono do Tambre): desde República Arxentina desviaranse pola praza de Ponte Castro, rúa do Hórreo e cambiarán de sentido na pza. de Galicia para acceder á parada habitual 409 (pza. de Galicia, sentido norte).

Desvío na liña 5 por obras na rúa Benéfica de Conxo (a partir das 10:00 do luns 5/5 ata as 8:00 do MARTES 13/5/2025)

*Liña 5 (traxectos con saída da Rocha): desde Poza Real de Abaixo (Sta. Apolonia) non poderán acceder á rúa Torrente, polo que se desviarán por rotonda de Volta do Castro, SC-20, rotonda de Conxo, Campo de Conxo (psiquiátrico), cambio de sentido na rotonda de Teléves, e continuarán o seu percorrido habitual novamente por Campo de Conxo e pola avda. de Ferrol.
Paradas suprimidas: 629, Torrente nº 31; 627, Torrente (c. Travesa Benéfica); 126, Benéfica de Conxo.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220