DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío nas liñas C5 e C6 por corte de tráfico na rúa da Mira (luns 7/4 entre as 9:15 e as 15:00)

*Desde a rúa da Muíña as liñas desviaranse por Porto de Amio e rúa da Mariñeira, para continuar pola rúa de Seoane en sentido ao polígono de Costa Vella.
Quedarán suprimidas no horario indicado as seguintes paradas:
*527, rúa do Cubelo, praza (parada alternativa no cruce).
*528, rúa do Cubelo nº 67.
*399, Porto do Medio.
*470, rúa da Mira 1.
*471, rúa da Mira 2.
*472, rúa da Mira 3 (parada alternativa no cruce coa rúa Mariñeira).
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvío por corte de tráfico na vía de servizo do Paxonal (domingo 30/3, desde as 20:00 ata a finalización dos servizos do día)

*O domingo 30 de marzo, os servizos en sentido centro cidade das liñas 6 e P3 a partir das 20:00, despois de realizar a parada 370, Paxonal nº 29-31, desviaranse pola vía principal ata a rotonda de confluencia con Clara Campoamor.
Quedará suprimida nese horario a parada 369, Paxonal (rot. rúa Canfranc).
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvío na liña P2 por corte de tráfico na zona de Casal (a partir do luns 31 de marzo ás 9:30)

Dado que o corte farase efectivo ás 9:30, as primeiras viaxes do luns 31 faranse có desvío actual. A primeira viaxe que fará o novo percorrido será a saída de San Caetano das 9:15.
*Traxecto San Caetano a Laraño: ao poder circular novamente pola Amañecida, fará o percorrido habitual ata a igrexa de Laraño, desde onde se desviará á dereita cara Reibó e finalizará o percorrido en Reibó cruce con Casal. Non poderá chegar ata a zona de Casal, finalizando o traxecto nese cruce. Desde ese punto voltará cara o centro.

Desvío por corte de tráfico na zona de Conxo (sábado 15 de marzo, desde as 12:00 ata a finalización dos servizos do día)

(DESVÍO EN SENTIDO SUR DE CIRCULACIÓN, liñas 5 e C2):
Desde a rotonda de Conxo cara o Campo de Conxo e Benéfica: os autobuses das liñas 5 a Rocha e C2 non poderán circular.
*Liña 5 sentido Rocha: desde a rotonda de Conxo desviarase pola SC-20 incorporándose á rotonda de Volta do Castro, rúa Volta do Castro (sentido sur, cara Rocha) e retomando o itinerario habitual na rúa Poza Real de Abaixo (Santa Apolonia).
-Paradas suprimidas LIÑA 5 sentido Rocha:

Desvío na liña 13 por corte de tráfico na rúa de Belvís (desde as 8:00 do mércores 5 ata as 8:00 do xoves 6 de marzo)

No traxecto Xeneral Pardiñas – Belvís, a liña 13 realizará o seguinte desvío:
-Itinerario habitual por Porta do Camiño e inicio da rúa de San Pedro, para desviarse continuando pola rúa de San Pedro, Concheiros e Avda. de Lugo. A liña realizará a derradeira parada do traxecto e o tempo de espera na marquesiña da parada 86 (avda. de Lugo, cruce con Quiroga Palacios).
Paradas suprimidas:
(498) Calzada de S. Pedro, Don Bosco
(499) Rúa de Belvís, convento
(111) Avda. Teodomiro, Seminario Menor
(416) Quiroga Palacios nº 10
(417) Quiroga Palacios nº 54

Desvío na liña 7 por corte de tráfico no cruzamento das rúas San Martiño e Obrigada (martes 25/2 entre as 16:00 e as 19:00)

O martes 25 de febreiro entre as 16:00 e as 19:00, a liña 7 realizará o seguinte desvío:
*Liña 7 (autobús Aríns): nos momentos de corte, desviaranse tanto á ida como á volta pola rúa de Senande.
Quedarán suprimidas neste horario as paradas 43 + 45 Andrade; 44 + 46 Andrade, igresario; 217 + 218 Coto da Nai nº 12; 539 + 541 rúa de San Martiño; 622 + 623 Teleclube; 295 Lobío; 16 A Pena; 540 Agra das Lamas; 625 rúa da Obrigada

Desvío nas liñas 5 e C2 por corte de tráfico na rúa Sánchez Freire (sábado 22/3 entre as 7:00 e as 13:00)

*Línea 5 sentido Rocha e liña C2: nos momentos en que estea cortada Sánchez Freire, desviaranse pola rúa Xosé Pasín e avda. de Ferrol, retomando o seu itinerario na rotonda de Conxo.
Quedará suprimida neste horario a parada 575, Sánchez Freire. As paradas alternativas máis próximas están situadas en García Prieto nº 64 (antes do cruce con Xosé Pasín) e Campo de Conxo (psiquiátrico).
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220