Desvío por corte de tráfico na zona de Conxo (sábado 15 de marzo, desde as 12:00 ata a finalización dos servizos do día)

Novas de Tussa
Con motivo das festas do Entroido no barrio de Conxo, cortarase totalmente ao tráfico a praza do Campo de Conxo, o sábado 15/3 a partir das 12:00 e ata finalizar os servizos do día. As liñas que circulan pola zona realizarán os seguintes desvíos:

(DESVÍO EN SENTIDO SUR DE CIRCULACIÓN, liñas 5 e C2):
Desde a rotonda de Conxo cara o Campo de Conxo e Benéfica: os autobuses das liñas 5 a Rocha e C2 non poderán circular.
*Liña 5 sentido Rocha: desde a rotonda de Conxo desviarase pola SC-20 incorporándose á rotonda de Volta do Castro, rúa Volta do Castro (sentido sur, cara Rocha) e retomando o itinerario habitual na rúa Poza Real de Abaixo (Santa Apolonia).
-Paradas suprimidas LIÑA 5 sentido Rocha:
(155) Campo de Conxo, psiquiátrico; (127) Benéfica de Conxo, Televés; (626) Torrente, cruce Travesa Benéfica; (628) Torrente nº 28; (246) Torrente, cruce Volta do Castro.
Os usuarios que desexen baixar nestas paradas terán a alternativa, ben de baixar na parada de Santa Apolonia, ben continuar percorrido ata Rocha ou Rocha Vella e baixar na zona de Torrente e Benéfica de Conxo cando o autobús vai de novo cara o centro.
*Liña C2: despois de sair do hospital Provincial, desde a rotonda de Conxo desviarase pola SC-20 incorporándose á rotonda de Volta do Castro, rúa Torrente, Benéfica de Conxo e itinerario habitual pola rúa dos Roláns cara o hospital Clínico.
-Paradas suprimidas LIÑA C2:
(155) Campo de Conxo, psiquiátrico; (127) Benéfica de Conxo, Televés.
A maiores deste desvío en sentido sur e afectando a estas dúas liñas, entre as 12:00 e as 13:45 non circularán por García Prieto nin Sánchez Freire, con motivo dun pasarrúas que discorrerá por varias rúas e que estará parado no cruce entre Xosé Pasín e Sánchez Freire. Neste intervalo horario, as liñas C2 e 5 sentido Rocha desviaranse desde Romero Donallo pola avda. de Ferrol.
(DESVÍO EN SENTIDO NORTE DE CIRCULACIÓN, liñas 5, 12 e C4):
*Desde a Benéfica de Conxo (Televés) cara a rotonda de Conxo, a liña 5 en sentido centro cidade e Vite, a liña 12 e a liña C4 só poderán chegar ata Televés, desde onde realizarán cambio de sentido voltando por Torrente, rotonda de Volta do Castro, periférico SC-20 e desde a rotonda de Conxo continuará cada liña có seu itinerario habitual, ben avda. de Ferrol (liñas 5 e 12), ben Ramón Baltar (liña C4).
-Quedará suprimida a parada 412, Psiquiátrico de Conxo, en sentido centro cidade. Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior dos percorridos das liñas (Benéfica de Conxo - Televés, avda. de Ferrol ou Ramón Baltar, dependendo da liña).
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220