DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña P2 por corte de tráfico na zona de Laraño (a partir do luns 3 de febreiro ás 9:00)

Desviarase nos dous sentidos de circulación. Desde a rotonda de Vidán irá por AC-543 (estrada de Noia), rúa da Xunlla (Paredes de Laraño), Larañiño, Reibó e retomará o seu itinerario habitual en Casal.
Quedarán suprimidas as seguintes paradas (nos dous sentidos de circulación): rúa da Ponte Vella (paradas 477 e 478), Amañecida (paradas 38 e 39) e Laraño, igrexa (paradas 291 e 292).

Desvío por corte na rúa Santiago de Chile (sábado 1/2/2025, de 8:30 a 13:00)

As liñas 15 e C2 desviaranse do seu itinerario habitual.
*As liñas 15 sentido Mestre Mateo e C2, desviaranse por Romero Donallo e República Arxentina, retomando o seu itinerario no segundo tramo de Santiago de Chile.
Quedará suprimida para estas liñas a primeira parada de Santiago de Chile: (590) Santiago de Chile nº 31.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvío nas liñas 5 e C2 por corte de tráfico na rúa García Prieto (xoves 23/1 entre as 10:30 e as 11:30)

Despois da rúa Frei Rosendo Salvado, desviaranse pola avda. de Ferrol, quedando suprimidas as seguintes paradas:
* Parada 95: avda. Vilagarcía nº 26
* Parada 269: García Prieto nº 18-22 (Doutor Maceira)
* Parada 270: García Prieto nº 64
* Parada 575: Sánchez Freire
Os autobuses realizarán tres paradas alternativas no desvío pola avda. de Ferrol, aproximadamente á mesma altura que as existentes no carril contrario desa avenida. As liñas voltarán ao seu percorrido habitual no momento en que se reabra ao tráfico a rúa cortada.

Desvíos por cortes de tráfico na rúa Fontes do Sar e na rúa de Londres (mércores 11 de decembro)

*11:00-13:00 do mércores 11/12. Corte na rúa FONTES DO SAR nos dous sentidos de circulación, no treito comprendido entre a rúa Londres e a rotonda do Vieiro.
Os cortes terán lugar ao longo do día, de xeito alterno por sentido de circulación. Nos momentos en que algún dos sentidos estea aberto ao tráfico no acceso desde a rotonda, as liñas poderán realizar o seu percorrido habitual.
Desvíos por sentido nos momentos de corte:

Desvíos por cortes de tráfico na rúa Fontes do Sar (martes 3 de decembro)

*MARTES 3/12. Cortarase a rúa Fontes do Sar nos dous sentidos de circulación, no treito comprendido entre a rúa Londres e a rotonda do Vieiro.
Os cortes terán lugar ao longo do día, de xeito alterno por sentido de circulación. Nos momentos en que algún dos sentidos estea aberto ao tráfico no acceso desde a rotonda, as liñas poderán realizar o seu percorrido habitual.
Desvíos por sentido nos momentos de corte:

Desvío por corte ao tráfico en Marrozos afectando á liña P3 (mércores 27 e xoves 28/11/2024)

*O mércores 27/11 a partir das 8:30, cortarase o sentido de saída da cidade, polo que o autobús continuará pola vía principal, quedando anulada a parada 306, Marrozos 4 (Pajuela). Os usuarios que desexen baixar nesta parada terán a opción de ir ata a Susana e baixar no sentido contrario de circulación cando o autobús volte cara Santiago, abonando un único billete.
*O xoves 28/11 a partir das 8:30, cortarase o sentido de entrada á cidade. Igualmente, o bus irá pola vía principal, quedando anulada a parada 303, Marrozos 1 (Pajuela).

Desvío por corte na rúa Santiago de Chile (sábado 23/11/2024)

As liñas 15 e C2 desviaranse do seu itinerario habitual.
*As liñas 15 sentido Mestre Mateo e C2, desviaranse por Romero Donallo e República Arxentina, retomando o seu itinerario no segundo tramo de Santiago de Chile.
Quedará suprimida para estas liñas a primeira parada de Santiago de Chile: (590) Santiago de Chile nº 31.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvíos nas liñas por corte ao tráfico na pza. de Galicia (domingo 15/12/2024 de 8:00 a 12:00)

*Liña 4 (bus Cancelas): ao non poder acceder á praza de Galicia, realizará parada alternativa na rúa da Senra (sentido Alameda para a baixada e sentido norte para a subida), tendo que ir a realizar o cambio de sentido en Rosalía de Castro cruce con Romero Donallo.
*Liña 4 (bus Romaño): non realizará a parada da pza. de Galicia, tendo como parada alternativa a anterior, rúa da Senra sentido Norte.
*Liña 5 sentido Rocha: desde Fonte de Santo Antonio desviarase por Senra, Xoán Carlos I, Rosalía de Castro, pza. Vigo e avda. de Vilagarcía.

Desvío por corte de tráfico na zona de Bando de Abaixo e Pousada (desde o venres 15/11 ata o MARTES 3/12 incluido)

*O corte producirase entre o venres 15/11 e o MARTES 3 de decembro incluido, coas seguintes excepcións:
A fin de semana (sábado 16 e domingo 17) estará permitido o paso, polo que as prolongacións do sábado pola mañá poderán realizarse polo percorrido habitual.
O venres 15 e o luns 18, ao iniciar os traballos pasadas as 8:00, o primeiro servizo por Pousada con saída de Vilamaior ás 7:20 poderá facer o percorrido habitual (soamente o venres e o luns).

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220