*Liña 4 (bus Cancelas): ao non poder acceder á praza de Galicia, realizará parada alternativa na rúa da Senra (sentido Alameda para a baixada e sentido norte para a subida), tendo que ir a realizar o cambio de sentido en Rosalía de Castro cruce con Romero Donallo.
*Liña 4 (bus Romaño): non realizará a parada da pza. de Galicia, tendo como parada alternativa a anterior, rúa da Senra sentido Norte.
*Liña 5 sentido Rocha: desde Fonte de Santo Antonio desviarase por Senra, Xoán Carlos I, Rosalía de Castro, pza. Vigo e avda. de Vilagarcía.
Quedarán suprimidas as paradas (410) pza. Galicia nº 3, (433) Rep. do Salvador e (263) Frei Rosendo Salvado.
*Liñas 6 sentido Os Tilos e P3 sentido Susana: desde Fonte de Santo Antonio desviaranse por Senra, Xoán Carlos I, Rosalía de Castro, pza. Vigo, República Arxentina e rúa da Rosa.
Quedará suprimida para estas liñas a parada (410) pza. Galicia nº 3.
*Liña 6A sentido Hórreo estación: desde Fonte de Santo Antonio desviaranse por Senra, Xoán Carlos I, Rosalía de Castro, pza. Vigo, Romero Donallo e Hórreo (estación Intermodal).
Quedarán suprimidas para esta liña a parada (410) pza. Galicia nº 3, (479) rúa da Rosa e (591) Santiago León de Caracas.
*Liña 7 sentido Aríns: desde Fonte de Santo Antonio desviarase por Senra, Xoán Carlos I, Rosalía de Castro, pza. Vigo, Romero Donallo e rúa do Hórreo.
Quedará suprimida para esta liña a parada (410) pza. Galicia nº 3.
*Liña P1, inicio de percorrido de Santiago a Folgoso: os domingos a liña P1, ao iniciar o percorrido na praza de Galicia e non poder acceder, fará a primeira parada na rúa do Hórreo nº 23, para despois continuar por Fonte de Santo Antonio. Afectará aos servizos con saída da praza ás 8:30 e 10:30.
Quedará suprimida para esta liña a parada (410) pza. Galicia nº 3.
Todas as paradas do transporte urbano nos percorridos de desvío serán paradas alternativas nas liñas desviadas a demanda de usuarios.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.