*11:00-13:00 do mércores 11/12. Corte na rúa FONTES DO SAR nos dous sentidos de circulación, no treito comprendido entre a rúa Londres e a rotonda do Vieiro.
Os cortes terán lugar ao longo do día, de xeito alterno por sentido de circulación. Nos momentos en que algún dos sentidos estea aberto ao tráfico no acceso desde a rotonda, as liñas poderán realizar o seu percorrido habitual.
Desvíos por sentido nos momentos de corte:
-Liña 9 cara Cidade da Cultura e liña C6 sentido Sar: desde a rúa Londres desviaranse pola rúa Dublín e costa do Vieiro, retomando na rotonda o seu itinerario habitual cara o multiusos.
Paradas suprimidas:
(297) rúa Londres, instituto. Suprimida para a liña 9.
(494) rúa Fontes do Sar nº 4. Suprimida para as liñas 9 e C6.
-Liña 9 cara pza. de Galicia e liña C5 sentido Amio: desde a rotonda do Vieiro desviaranse pola costa do Vieiro e rúa Dublín, rúa Londres e cambio de sentido na rotonda da EGAP para realizar a parada habitual 296 na rúa Londres (liña 9). A liña C5 non fará este cambio de sentido, desde Dublín e Londres continuará cara rúa París.
Paradas suprimidas:
(492) rúa das Fontes do Sar. Suprimida para as liñas 9 e C5.
*15:30-17:30 do mércores 11/12. Corte na rúa LONDRES nos dous sentidos de circulación, no treito comprendido entre a rotonda con rúa Fontes do Sar e o cruzamento coas rúas Lisboa e Dublín.
Os cortes terán lugar ao longo do día, de xeito alterno por sentido de circulación. Nos momentos en que algún dos sentidos estea aberto ao tráfico no acceso desde a rotonda, as liñas poderán realizar o seu percorrido habitual.
Desvíos por sentido nos momentos de corte:
-Corte Londres sentido de subida (cara avda. Lugo) – Liñas 9, C2, C5 e C11: desde a rotonda desviaranse por rúa Fontes do Sar, costa do Vieiro e rúa Dublín, retomando na rúa Lisboa o seu itinerario habitual cara o centro.
Paradas suprimidas:
(296) rúa Londres (EGAP).
-Corte Londres sentido de baixada (cara rúa Roma) – Liñas 9, C4, C6 e C11: despois do centro de saúde, desviaranse por rúa Dublín, costa do Vieiro e rúa Fontes do Sar, retomando novamente na rúa Londres o seu itinerario habitual cara a rúa París.
Paradas suprimidas:
(297) rúa Londres (instituto).
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.