DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío por corte no primeiro tramo do carril de servizo de subida da avda. de Lugo (desde as 9:30 do luns 11 ata as 16:00 do mércores 13 de novembro)

De xeito continuado, desde as 9:30 do luns 11 ata as 16:00 do mércores 13 de novembro, quedará anulada a parada 92, situada no carril de servizo (avda. de Lugo nº 22).
Os usuarios poden dirixirse ás seguintes paradas de cada liña: (89) avda. de Lugo, xulgados para a liña 13; e (88) Londres, centro de saúde para a liña C4.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvíos por corte de tráfico na zona de San Pedro e Bonaval (domingo 13/10 entre as 10:00 e as 13:00)

Entre as 10:00 e as 13:00 (hora de apertura estimada), as liñas realizarán os seguintes desvíos:
*Liñas 7 e P3: ao non poder acceder á rúa Valle Inclán, as liñas rematarán o percorrido por Rodas, San Roque, Basquiños e realizando o cambio de sentido na praza da Paz.

Quedarán suprimidas as paradas (637) Valle Inclán dársena e (639) Valle Inclán La Salle. Será parada alternativa a (573) situada na rúa San Roque nº 21, así como a parada habitual de Virxe da Cerca, praza de abastos.

Desvíos por corte de tráfico na rúa de Bonaval (sábado 9 de novembro, entre as 9:00 e as 15:00)

Entre as 9:00 e as 15:00, as liñas realizarán o seguinte desvío:
*Liñas 9, 13 e C5: desviaranse continuando por avda. Rodríguez de Viguri, Anxo Casal, Pastoriza e San Roque, retomando a partir de ahí o seu itinerario habitual.
Quedarán suprimidas as paradas (196) Rodríguez de Viguri, acceso Concheiros, (220) Cruceiro de San Pedro, (154) Campo da Angustia, (557) San Domingos de Bonaval e (639) Valle Inclán La Salle.
Todas as paradas do transporte urbano no percorrido de desvío serán paradas alternativas a realizar polas liñas a demanda de usuarios.

Desvío nas liñas 6 e 12 debido a obras na urbanización Os Tilos (a partir do mércores 18/9/2024)

Os autobuses farán a ida e a volta polas rúas Carballo e Vidueiro.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas (todas no traxecto da liña en sentido a fondo dos Tilos):

-342, 343, 344, Ameneiro 1, 2 e 3 (piscina)

-350, Castiñeiro (centro comercial)

A duración estimada dos traballos é duns 15 días.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvíos con motivo da carreira CorreSan ruta dos parques (domingo 15/9 entre as 10:45 e as 11:30)

*Liña 7:
-Servizo con saída de Valle Inclán ás 11:00: despois da rúa Doutor Teixeiro desviarase por rúa da Rosa, Galuresa, Amor Ruibal, Restollal, cambio de sentido na rotonda de Castiñeiriño, rúa da Estrada, Santasmariñas e Picaños, retomando o seu itinerario habitual en Cruceiro de Sar.
Neste sentido de circulación, quedarán suprimidas as paradas:
(462) Curros Enríquez, cruce Castrón Douro
(516) Sar de Afora nº 90
(194) Colexiata de Sar
(387) Ponte de Sar nº 22
(389) Ponte de Sar nº 46

Desvío na liña 8 por corte de tráfico en García Lorca (desde o venres 6 ao domingo 8/9/2024)

Nos dous sentidos de circulación, a liña fará o percorrido habitual ata a rúa Pastoriza, desviándose por San Caetano, pza. de España, rúa dos Irmandiños e retomando o itinerario habitual en Chan de Curros.
Quedarán suprimidas para a liña 8, no horario e días indicados, as paradas:
-60 e 61, avda. de Castelao (parque Pablo Iglesias)
-237 e 239, Federico García Lorca nº 14 e nº 21
-238 e 240, Federico García Lorca nº 20 e nº 8
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvío na liña 13 por corte de tráfico na rúa de Belvís (xoves 22/8/2024, de 9:00 a 14:00)

No traxecto Xeneral Pardiñas – Belvís, a liña 13 realizará o seguinte desvío:
-Itinerario habitual por Porta do Camiño e inicio da rúa de San Pedro, para desviarse continuando pola rúa de San Pedro, Concheiros e Avda. de Lugo. A liña realizará a derradeira parada do traxecto e o tempo de espera na marquesiña da parada 86 (avda. de Lugo, cruce con Quiroga Palacios).
Paradas suprimidas:
(498) Calzada de S. Pedro, Don Bosco
(499) Rúa de Belvís, convento
(111) Avda. Teodomiro, Seminario Menor
(416) Quiroga Palacios nº 10
(417) Quiroga Palacios nº 54

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220