DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío nas liñas 6, 6A, 13, C5, C11, P3 e P6 por corte de tráfico pza. Ponte Castro (martes 6 de agosto, entre as 16:00 e as 21:00)

Desvíos por liña:
*Circulando desde Doutor Teixeiro cara a rúa da Rosa: liñas 6, 6A, C5, P3 e P6.
Desde Doutor Teixeiro desviaranse pola rúa do Hórreo (Parlamento), retomando o itinerario habitual no Hórreo, despois do cruce con Santiago León de Caracas.
Paradas suprimidas: 479, rúa da Rosa; 591, Santiago León de Caracas (centro de saúde).
As liñas realizarán como parada alternativa a 694, situada na rúa do Hórreo, entre as rúas San Pedro de Mezonzo e Fernando III.

A liña P6 desde Galuresa, accederá á parada da rúa da Rosa subindo por República Arxentina.

Desvío na liña 8 por corte de tráfico na urbanización Brandía (a partir das 8:00 do luns 5 ata o luns 19 de agosto)

A liña 8 do transporte urbano non poderá acceder á urbanización, realizando a derradeira parada antes da rotonda de acceso na AC-543, no entorno da nave Calefon, para voltar desde alí cara o centro cambiando o sentido na rotonda.
Quedarán suprimidas as paradas dentro da urbanización: 632, urb. Brandía e 633, urb. Brandía 2.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvío na liña 5 por corte de tráfico na rúa República do Salvador (luns 5 de agosto, a partir das 22:00 ata a finalización dos servizos do día)

No horario indicado, a liña 5 en sentido Rocha realizará o percorrido por Doutor Teixeiro, rúa da Rosa, San Pedro de Mezonzo, pza. Roxa e retomará o seu itinerario habitual na rúa Frei Rosendo Salvado.
Quedará suprimida a parada 433, rúa República do Salvador, sendo as alternativas máis próximas as paradas da pza. de Galicia, rúa da Rosa e rúa Frei Rosendo Salvado.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvío por corte de tráfico na avda. das Burgas (desde as 22:00 do mércores 31 ata as 15:00 do xoves 1 de agosto)

As liñas desviadas polo corte da rúa do Pombal terán que facer un novo desvío:
*Liñas afectadas:
L4 sentido Romaño - pza. Galicia
LP1 sentido Folgoso - pza. Galicia
LP7 sentido Grixoa e Pardaces - rúa da Senra
-As liñas 4, P1 e P7 nos servizos indicados desviaranse despois de Poza de Bar por estrada de San Lourenzo, Campus Sur, Mestre Mateo e Rosalía de Castro, retomando os seus itinerarios actuáis en Xoán Carlos I.

Desvíos por cortes de tráfico na rúa Fontes do Sar (xoves 18 de xullo, de 15:00 a 19:00)

*XOVES 18/7, de 15:00 a 19:00. Cortarase a rúa Fontes do Sar nos dous sentidos de circulación, no treito comprendido entre a rúa Londres e a rotonda do Vieiro.
-Liña 9 cara Cidade da Cultura e liña C6: desde a rúa Londres desviaranse pola rúa Dublín e costa do Vieiro, retomando na rotonda o seu itinerario habitual cara o multiusos.
Paradas suprimidas:
(297) rúa Londres, instituto. Suprimida para a liña 9.
(494) rúa Fontes do Sar nº 4. Suprimida para as liñas 9 e C6.

Desvíos por corte de tráfico nas rúas de San Pedro e Concheiros (venres 28 a domingo 30 de xuño de 2024)

O venres 28 de xuño, entre as 18:00 e as 20:00, cortarase ao tráfico a rúa de San Pedro, corte que lle afectará ás liñas 13 e C11.
O sábado 29, cortaranse ao tráfico as rúas de San Pedro e Concheiros desde as 8:00 ata a finalización dos servizos do día, afectando ás liñas 13 e C11; e ás liñas 9, 13 e C5 en sentido Concheiros – Angustia – Bonaval.
Por último, o domingo 30 entre as 10:00 e as 14:00 haberá cortes puntuais con motivo dun desfile, que lle afectará á liña C11 no paso por San Pedro.

Desvíos por cortes de tráfico o domingo 23 de xuño

*Corte en Conxo, nas rúas Sánchez Freire e Campo de Conxo, afectando ás liñas 5 e C2.
Estas rúas estarán cortadas a partir das 20:00 do domingo 23.
Debido a este corte, as liñas 5 e C2 realizarán os seguintes desvíos:
-Liña 5 sentido Rocha: despois de García Prieto, desviaranse pola avda. de Ferrol, SC-20 ata a rotonda de Volta do Castro, continuando o percorrido habitual por Poza Real de Abaixo (Sta. Apolonia).

Desvío na liña 15 por corte de tráfico na avda. Burgo das Nacións (xoves 13 e venres 14 de xuño, de 8:00 a 18:30 cada un dos días)

*Traxecto en sentido Campus Norte: despois da avda. de Coimbra, os autobuses desviaranse pola avda. Xoán XXIII, praza da Paz e avda. de Castelao, retomando o itinerario na rúa Ulpiano Villanueva.
Quedarán suprimidas as paradas: (137) Burgo das Nacións, fac. Económicas; e (136) Burgo das Nacións, colexio de Vite. As paradas alternativas máis próximas son a anterior e posterior ao desvío: (81) avda. Coimbra nº 28; e (461) Ulpiano Villanueva.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220