*Traxecto en sentido Campus Norte: despois da avda. de Coimbra, os autobuses desviaranse pola avda. Xoán XXIII, praza da Paz e avda. de Castelao, retomando o itinerario na rúa Ulpiano Villanueva.
Quedarán suprimidas as paradas: (137) Burgo das Nacións, fac. Económicas; e (136) Burgo das Nacións, colexio de Vite. As paradas alternativas máis próximas son a anterior e posterior ao desvío: (81) avda. Coimbra nº 28; e (461) Ulpiano Villanueva.
*Traxecto en sentido Campus Sur: despois da parada en xornalismo na avda. de Castelao, desviaranse subindo pola avda. de Castelao, avda. Xoán XXIII e retomando o itinerario na avda. de Coimbra.
Quedarán suprimidas as paradas: (135) Burgo das Nacións, Auditorio de Galicia; e (138) Burgo das Nacións, fac. Económicas. As paradas alternativas máis próximas son a anterior e posterior ao desvío: (63) avda. Castelao, xornalismo; e (82) avda. Coimbra nº 9.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.