Desvío por corte de tráfico na zona de Conxo (a partir das 8:00 do martes 1/7)

Novas de Tussa
Con motivo de obras na pza. do Campo de Conxo, cortarase totalmente ao tráfico a partir das 8:00 do martes 1 de xullo durante 1 mes aproximadamente. As liñas que circulan pola zona realizarán os seguintes desvíos:

(DESVÍO EN SENTIDO SUR DE CIRCULACIÓN, liñas 5 e C2):
Desde a rotonda de Conxo cara o Campo de Conxo e Benéfica: os autobuses das liñas 5 a Rocha e C2 non poderán circular.
*Liña 5 sentido Rocha: desde a rotonda de Conxo desviarase pola SC-20 incorporándose á rotonda de Volta do Castro, rúa Volta do Castro (sentido sur, cara Rocha) e retomando o itinerario habitual na rúa Poza Real de Abaixo (Santa Apolonia).
-Paradas suprimidas LIÑA 5 sentido Rocha:
(155) Campo de Conxo, psiquiátrico; (127) Benéfica de Conxo, Televés; (626) Torrente, cruce Travesa Benéfica; (628) Torrente nº 28; (246) Torrente, cruce Volta do Castro.
Os usuarios que desexen baixar nestas paradas terán a alternativa, ben de baixar na parada de Santa Apolonia, ben continuar percorrido ata Rocha ou Rocha Vella e baixar na zona de Torrente e Benéfica de Conxo cando o autobús vai de novo cara o centro. 
*Liña C2: despois de sair do hospital Provincial, desde a rotonda de Conxo desviarase pola SC-20 incorporándose á rotonda de Volta do Castro, rúa Volta do Castro (sentido Torrente) e itinerario habitual pola rúa dos Roláns.
-Paradas suprimidas LIÑA C2:
(155) Campo de Conxo, psiquiátrico; (127) Benéfica de Conxo, Televés

(DESVÍO EN SENTIDO NORTE DE CIRCULACIÓN, liñas 5, 12 e C4):
*Desde a Benéfica de Conxo (Televés) cara a rotonda de Conxo, a liña 5 en sentido centro cidade e Vite, a liña 12 e a liña C4 só poderán chegar ata Televés, desde onde realizarán cambio de sentido voltando por Torrente, rotonda de Volta do Castro, periférico SC-20 e desde a rotonda de Conxo continuará cada liña có seu itinerario habitual, ben avda. de Ferrol (liñas 5 e 12), ben Ramón Baltar (liña C4).
-Quedará suprimida a parada 412, Psiquiátrico de Conxo, en sentido centro cidade. Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior dos percorridos das liñas (Benéfica de Conxo - Televés, avda. de Ferrol ou Ramón Baltar, dependendo da liña).

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220