Desvío na liña P1 por corte de tráfico en Carme de Abaixo (luns 28/7, entre as 8:00 e as 15:00)

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO
Por corte de tráfico no Carme de Abaixo, a liña P1 realizará os desvíos que se indican.

*Pza. Camilo D. Baliño - Folgoso:
Despois da rúa do Pombal, desviarase por Galeras, costa de Casas Novas e Monte Pío, para incorporarse ao seu itinerario habitual no cruce entre Monte Pío e Carme de Abaixo.
Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (224) Cruceiro de Gaio e (164) Carme de Abaixo 2. As paradas alternativas máis próximas serán a parada 265, Galeras nº 16A e a parada habitual 162, Carme de Abaixo no cruce con Monte Pío.
*Folgoso – pza. Camilo D. Baliño:
Realizará o seu itinerario habitual ata o cruce con Monte Pío, desviándose por esta rúa, costa de Casas Novas e Galeras, desde onde continuará pola rúa do Pombal.
Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (163) Carme de Abaixo 1 e (225) Cruceiro de Gaio, sent. centro. As paradas alternativas máis próximas serán a parada do cruce entre Carme de Abaixo e Monte Pío e a parada 267, Galeras nº 5.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220