Desvíos por cortes de tráfico o luns 23 de xuño

Novas de Tussa
Con motivo das cacharelas da noite de San Xoán cortaranse ao tráfico varias rúas na cidade, có que algunhas liñas do transporte urbano terán que desviarse nalgúns dos seus servizos:

*Corte en Conxo, nas rúas Sánchez Freire e Campo de Conxo, afectando ás liñas 5, C2 e C4.
Estas rúas estarán cortadas a partir das 20:00 do luns 23.
Debido a este corte, as liñas 5, C2 e C4 realizarán os seguintes desvíos:
-Liña 5 sentido Rocha: despois de García Prieto, desviaranse pola avda. de Ferrol, SC-20 ata a rotonda de Volta do Castro, continuando o percorrido habitual por Poza Real de Abaixo (Sta. Apolonia).
Paradas suprimidas: (575) Sánchez Freire; (155) Campo de Conxo, psiquiátrico; (127) Benéfica de Conxo, Televés; (626) Torrente, cruce Travesa Benéfica; (628) Torrente nº 28.
-Liña 5 sentido Vite + liña C4: realizarán o percorrido habitual ata a rotonda de Televés, onde realizarán cambio de sentido voltando por Torrente, rotonda de Volta do Castro, SC-20, e itinerario habitual pola avda. de Ferrol ou Ramón Baltar (liña C4).
Parada suprimida: (412) Campo de Conxo, psiquiátrico.
-Liña C2: despois de García Prieto, desviarase pola avda. de Ferrol ata a rotonda de Conxo e accederá ao hospital Provincial. Á saída do hospital, terá que ir pola SC-20 ata a rotonda de Volta do Castro, continuando por Torrente, Benéfica, cambio de sentido na rotonda de Televés e retomando o itinerario habitual na rúa dos Roláns.
Paradas suprimidas: (575) Sánchez Freire; (155) Campo de Conxo, psiquiátrico.
*Cortes no barrio de San Pedro. A partir das 20:00 pecharase ao tráfico a intersección da Porta do Camiño coa rúa de San Pedro.
-Liña C11: desde Virxe da Cerca irá por San Roque, Pastoriza, avda. Rodríguez de Viguri e avda. de Lugo, retomando o seu itinerario habitual cara Fontiñas na avda. de Lugo.
Paradas suprimidas: (397) Porta do Camiño; (511) rúa San Pedro nº 58; (219) Cruceiro de San Pedro.
-Liña 13: desde Virxe da Cerca irá por San Roque, Pastoriza, avda. Rodríguez de Viguri e avda. de Lugo, finalizando o percorrido na parada antes do cruce con Quiroga Palacios.
Paradas suprimidas: (397) Porta do Camiño; (497) San Pedro, igrexa; (498) Calzada de San Pedro; (499) Belvís, convento; (111) Avda. Teodomiro, Seminario Menor; (416) Quiroga Palacios nº 10; (417) Quiroga Palacios nº 54.
Todas as paradas do transporte urbano nos percorridos de desvío serán paradas alternativas a realizar polas liñas a demanda de usuarios.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220