DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 13 por corte de tráfico en Quiroga Palacios (sábado 11/1 a partir das 8:30)

O autobús da liña rematará o percorrido na parada 86, no carril de servizo da avda. de Lugo, antes do cruce con Quiroga Palacios. Desde esa parada iniciará tamén o novo traxecto cara Xeneral Pardiñas.

Quedarán suprimidas as paradas: (91) avda. de Lugo nº 151; (677) Camiño da Ameixaga nº 8; (111) avda. Teodomiro (Seminario Menor); (416) Quiroga Palacios nº 10; e (417) Quiroga Palacios nº 54.

Desvío na liña P2 por corte de tráfico na Ponte Vella de Vidán (a partir do venres 13/12/2019 ás 8:00)

Esta liña desviarase nos dous sentidos de circulación. Desde a rotonda de Vidán, irá por AC-543 (estrada de Noia), rúa da Xunlla, Reiboó e retomará o seu itinerario en Casal.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas (nos dous sentidos de circulación): rúa da Ponte Vella (paradas 477 e 478), Amañecida (paradas 38 e 39) e igrexa de Laraño (paradas 291 e 292).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.

Desvíos no transporte urbano por cortes de tráfico en rúas do Ensanche (martes 3/12/2019)

*Corte na rúa República do Salvador (entre Doutor Teixeiro e Xeneral Pardiñas):  Horario de corte: martes 3 de 9:00 a 13:00.

A liña 5 en sentido Rocha realizará o percorrido por Doutor Teixeiro, rúa da Rosa, San Pedro de Mezonzo, pza. Roxa e retomará o seu itinerario por Frei Rosendo Salvado.

Corte de tráfico na rúa do Pombal en sentido de subida (venres 5/3 entre as 10:00 e as 13:00)

*Liña 4 sentido As Cancelas, liña 9 sentido Cidade da Cultura, liña C4 e liña P7 sentido Porta do Camiño.

Desviaranse desde Galeras por Poza de Bar, avda. das Burgas, avda. da Coruña e Rosalía de Castro.

Quedará suprimida a parada 553, San Clemente (Alameda, en sentido a Senra) para todas esas liñas, e a maiores, a parada 113, Xoán Carlos I (igrexa do Pilar) para a liña C4.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvío por corte de tráfico na rúa Londres (sábado 16/11 de 7:00 a 20:00)

*Corte da rúa Londres (entre as rúas Madrid e Lisboa, soamente en sentido Madrid - Lisboa). Servizos comprendidos entre as 7:00 e as 20:00.

*Liñas e traxectos afectados: liña 9 con destino centro e Casas Novas, liña C2, liña C5 e liña C11 con destino centro. As liñas 9 e C11 no sentido inverso de circulación (de Lisboa a Madrid) non precisarán desviarse.

*Desvío: desde a rotonda coa rúa Madrid por rúa das Fontes do Sar, Costa do Vieiro e rúa Dublín, retomando o seu itinerario na rúa Lisboa.

Desvío na liña 8 por corte de tráfico na urbanización Brandía (venres 8/11 desde as 14:00)

A liña 8 do transporte urbano no poderá acceder á urbanización, realizando a derradeira parada antes da rotonda de acceso na AC-543, no entorno da nave Calefon, para voltar desde alí cara o centro cambiando o sentido na rotonda.

Quedarán suprimidas a partir das 14:00 as paradas dentro da urbanización: 632, urb. Brandía e 633, urb. Brandía 2.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvío na liña C2 por corte na avda. da Liberdade (venres 8/11 de 8:00 a 20:00)

No horario indicado, a liña C2 na saída do hospital Clínico circulará pola rúa da Choupana. Quedará suprimida a parada 686 na avda. da Liberdade. Os usuarios poden dirixirse á parada 187 na rúa da Choupana, que a liña realizará como alternativa.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220