DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por peonalización de varias rúas do Ensanche (de xoves 25 a domingo 28 de xuño)

Quedan suprimidas as seguintes paradas:

-433 República do Salvador (liña 5)

-589 Santiago de Chile, cruce con Frei Rosendo Salvado (liña C2) Soamente sábado e domingo

-590 Santiago de Chile nº 31 (liña C2) Soamente sábado e domingo

-673 Xeneral Pardiñas nº 35 (liñas 5, C11 e P6)

-674 Xeneral Pardiñas nº 7 (liñas 5, C11 e P6)

*Liña 5:

-Traxecto Vite – Rocha: desde Doutor Teixeiro desviarase pola rúa da Rosa, San Pedro de Mezonzo e pza. Roxa.

Desvío por corte de tráfico en Paxonal (mércores 6/5/2020, de 9:00 a 13:00)

*Os servizos en sentido centro cidade das liñas 6, 12, C6 e P3 comprendidos entre as 9:00 e as 13:00, despois de realizar a parada 370, Paxonal nº 29-31, desviaranse pola vía principal ata a rotonda de confluencia con Clara Campoamor.

Quedará suprimida nese horario a parada 369, Paxonal (rot. rúa Canfranc).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvíos en varias liñas por obras en rúas do Ensanche (mércores 22 e xoves 23/4/2020)

*Mércores 22/4, de 16:00 a 19:00 corte en Ponte Castro (desde Doutor Teixeiro a Xeneral Pardiñas e a Rosa): este corte afecta ás liñas 6 e C11.

-Liña 6 (servizo con saída de San Marcos das 16:00): desde Doutor Teixeiro desvío polo Hórreo a Galuresa. Quedan suprimidas as paradas da rúa da Rosa e Santiago León de Caracas. Esta última realizarase de xeito alternativo na parada que está ao carón na vía principal na rúa do Hórreo.

Desvío na liña 8 por corte de tráfico no Camiño dos Vilares (a partir do mércores 25/3/2020)

*Sentido C. Vilares - Vidán:

A liña desde a rúa do Río desviarase por Manuel María, rúa dos Camiños da Vida e retomará o seu itinerario habitual no Camiño dos Vilares.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (531) Rúa do Río nº 60, (145) Camiño dos Vilares nº 133 e (144) Camiño dos Vilares nº 103.

*Sentido Vidán – C. Vilares:

Desvío na liña 8 por corte de tráfico no Camiño dos Vilares (martes 4/2, de 8:00 a 20:00)

*Liña 8, traxecto Vidán - Camiño dos Vilares: cortarase ao tráfico o Camiño dos Vilares entre a rúa do Río e a rúa Cañoteira, polo que os buses desviaranse á dereita por rúa do Río e rúa do Tambre para finalizar o traxecto que corresponda, ben na rúa do Tambre, ben no tanatorio de Boisaca.

Quedará suprimida a parada 140, Camiño dos Vilares (Cañoteira). As paradas anterior e posterior a esta (146, C. Vilares nº 172; e 143, C. Vilares rúa dos Vilares) realizaranse nas inmediacións no mesmo cruce onde están ubicadas.

Desvío por corte nun tramo do carril de servizo da avda. de Lugo (domingo 2/2 de 8:00 a 15:00)

O domingo 2 de febreiro entre as 8:00 e as 15:00, as liñas C2 e C11, despois de realizar a parada 86 (avda. de Lugo, cruce Quiroga Palacios), deberán incorporarse e circular pola vía principal da avda. de Lugo sen realizar paradas ata a confluencia coa SC-20.

Quedará suprimida no horario indicado a parada 91, situada no carril de servizo (avda. de Lugo nº 151).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220