Con motivo dun corte de tráfico na rúa Sánchez Freire o martes 3 de setembro, as liñas 5 e C2 realizarán o seguinte desvío:
*A liña 5 sentido Rocha e a liña C2, entre as 16:00 e as 19:00 desviaranse pola rúa Xosé Pasín e avda. de Ferrol, retomando o seu itinerario na rotonda de Conxo.
Quedará suprimida neste horario a parada 575, Sánchez Freire. Realizarase unha parada alternativa na avda. de Ferrol, á altura da praza da Mercé.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.