Con motivo dunha ocupación de vía, a avda. da Liberdade cortarase ao tráfico afectando á liña C2, o martes 5 de marzo entre as 11:00 e as 13:00.
No horario indicado, a liña C2 na saída do hospital Clínico circulará pola rúa da Choupana. Quedará suprimida a parada 686 na avda. da Liberdade. Os usuarios poden dirixirse á parada 187 na rúa da Choupana, que a liña realizará como alternativa.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.