DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 8 por corte de tráfico na travesa do Cendal (mércores 6/2 a partir das 9:15)

A liña 8 realizará o desvío seguinte:

Liña 8 sentido centro e Vidán: desde o Camiño dos Vilares desviarase pola rúa Camiños da Vida e Irmandiños, retomando o seu itinerario habitual na rúa Federico García Lorca. Quedarán suprimidas as paradas: (147) Camiño dos Vilares nº 27 e (188) Cima da Eira.

Desvío na liña 5 por corte de tráfico na rúa Frei Rosendo Salvado (a partir do luns 14/1 ás 8:30)

Liña 5 sentido Rocha: desviarase por Doutor Teixeiro, rúa da Rosa, Santiago de Chile, retomando o seu itinerario habitual na rúa Frei Rosendo Salvado.

Quedarán suprimidas as paradas: (433) República do Salvador e (263) Frei Rosendo Salvado. Os autobuses durante o desvío realizarán dúas paradas alternativas a demanda de usuarios: rúa da Rosa e Santiago de Chile (cruce con Frei R. Salvado).

Desvío por corte de tráfico na rúa de San Pedro (domingo 30/12, de 16:00 a 18:00)

Paradas suprimidas:

-397 Porta do Camiño (parada alternativa máis próxima: praza de Abastos).

-511 Rúa de San Pedro nº 58.

-219 Cruceiro de San Pedro.

-197 Concheiros nº 64 (parada alternativa máis próxima: avda. Rodríguez de Viguri, rotonda Concheiros).

Todas as paradas do transporte urbano no percorrido de desvío serán realizadas pola liña C11.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Paradas suprimidas no carril de servizo do Cruceiro da Coruña (xoves 27 e venres 28/12)

A partir das 9:00 do xoves 27 e o venres 28 de decembro, as liñas 1, P2 (prolongacións a Son), P4 e P6 do transporte urbano circularán pola parte central da vía en sentido de saída da cidade, quedando suprimidas as seguintes paradas:

*545, Cruceiro da Coruña nº 24.

*546, Cruceiro da Coruña nº 52.

*74, Cruceiro da Coruña, cruce Mallou.

As paradas alternativas serán a anterior e posterior das liñas á zona de corte, respectivamente, 551 San Caetano igrexa e 252 Meixonfrío rotonda.

Desvíos por corte de tráfico na zona de San Pedro e Bonaval (sábado 1/12 a partir das 16:00)

O sábado 1 de decembro a partir das 16:00 e ata as 19:00 (hora de apertura estimada), as liñas realizarán os seguintes desvíos:

*Liñas 7 e P3: ao non poder acceder á rúa Valle Inclán, as liñas rematarán o percorrido por Rodas, San Roque, Basquiños e realizando o cambio de sentido na praza da Paz. Quedarán suprimidas as paradas 637, Valle Inclán dársena e 639, Valle Inclán La Salle. Será parada alternativa a 573, situada na rúa San Roque nº 21, así como a parada habitual de Virxe da Cerca, praza de abastos.

Desvío na liña 4 por obras na rúa das Cancelas (a partir do xoves 8/11/2018)

*Servizos con destino As Cancelas: a liña 4 non perderá ningunha das paradas habituais. Desde a praza de España os autobuses irán ata a rotonda coa avda. do Camiño Francés para realizar o cambio de sentido e acceder á costa das Cancelas.

*Servizos con saída de As Cancelas en sentido Romaño: a liña desviarase en todos os seus servizos por Mallou (có mesmo percorrido que a prolongación que fai a determinadas hora do día). Quedará suprimida a parada 489, rúa das Cancelas (costa). Os usuarios poden dirixirse á parada anterior, na rúa das Cancelas nº 47.

Desvío na liña P1 por corte de tráfico no Carme de Abaixo (xoves 26/3 de 14:30 a 20:00)

*Sentido Est. de autobuses - Folgoso:

A liña despois da rúa do Pombal desviarase por Galeras, costa de Casas Novas e Monte Pío, para incorporarse ao seu itinerario habitual no cruce entre Monte Pío e Carme de Abaixo.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (224) Cruceiro de Gaio e (164) Carme de Abaixo 2. As paradas alternativas máis próximas serán a parada 265, Galeras nº 16A e a parada habitual 162, Carme de Abaixo no cruce con Monte Pío.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220