DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos nalgunhas liñas por corte de tráfico na rúa do Pombal (venres 24/8 de 20:00 a 22:30)

A consecuencia deste corte, no horario indicado, as liñas 4, 9, C4, P1 e P7 procedentes de Galeras e Cruceiro de Gaio realizarán o seguinte desvío:

*Liñas 4, 9, P1 e P7: desde Cruceiro de Gaio desviaranse por Poza de Bar, avda. das Burgas, avda. da Coruña, Rosalía de Castro e avda. Xoán Carlos, retomando os seus itinerarios habituais na parada da rúa da Senra.

Quedará suprimida nese horario a parada 553, San Clemente (Alameda). Os usuarios poden dirixirse á seguinte parada das liñas, na rúa da Senra nº 13.

Desvío na liña 7 por corte de tráfico na rúa Castrón Douro (a partir do luns 20/8/2018)

*Liña 7, saídas desde rúa Valle Inclán en sentido Aríns e Fornás:

Desde o inicio de servizos da liña 7 o luns 20 de agosto, as saídas da rúa Valle Inclán farán o seu percorrido habitual ata a parada da praza de Galicia, desde onde se desviarán por Doutor Teixeiro, rúa do Hórreo, avda. de Lugo, Bernardo Barreiro e Curros Enríquez, para continuar o percorrido habitual polo barrio de Sar.

Desvío na liña P1 por corte de tráfico en Carme de Abaixo (martes 7 e mércores 8 de agosto, entre as 8:00 e as 20:00)

*Liña P1, entre as 8:00 e as 20:00, martes 7 e mércores 8/8: desvío por Galeras, costa de Casas Novas e rúa Monte Pío.

Quedarán suprimidas nese horario as seguintes paradas:

-224 e 225 (Cruceiro do Gaio). Paradas alternativas máis próximas: 265, Galeras nº 16A (sentido Figueiras) e 267, Galeras nº 5 (sentido estación de autobuses).

-163 e 164 (Carme de Abaixo). Paradas alternativas máis próximas: 162 e 165, no cruce entre Monte Pío e Carme de Abaixo.

Desvío na liña 8 por corte de tráfico na zona do Campus (mércores 31 de xullo a partir das 22:00)

*Saída de Vidán 22:30: itinerario habitual por avda. Mestra Victoria Míguez para desviarse por avda. Mestre Mateo, Rosalía de Castro e retomando o itinerario en avda. Xoán Carlos I.

Quedarán neste servizo suprimidas todas as paradas do Campo de San Domingos, estrada de San Lourenzo, carballeira de San Lourenzo, avda. das Burgas e avda. da Coruña.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvío nas liñas 5, C2, C4, P1 e P2 por corte na rúa Anxo Casal (sábado 21/7 de 8:00 a 19:00)

Neste horario, as liñas 5, C2, C4, P1 e P2, despois de realizar a parada da estación de autobuses, desviaranse por avda. Rodríguez de Viguri, cambio de sentido na rotonda de Concheiros, pza. de España, San Caetano, retomando os seus itinerarios novamente a partir da praza da Paz.

Quedará suprimida a parada situada na rúa Anxo Casal, en sentido de saída da estación de autobuses.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvío por corte de tráfico na rúa de San Pedro (xoves 19/7, de 21:00 ata fin do servizo)

O xoves 19 de xullo, entre as 21:00 e a 1:30, cortarase ao tráfico a rúa de San Pedro, corte que lle afectará á liña C11.

Nos momentos de corte da rúa de San Pedro, a liña C11 desviarase pola rúa das Rodas, San Roque, Pastoriza, Anxo Casal e avda. Rodríguez de Viguri, retomando o seu itinerario na rotonda de Concheiros.

Paradas suprimidas:

-397 Porta do Camiño (parada alternativa máis próxima: praza de Abastos).

Desvío na liña 5 por corte de tráfico na praza Roxa (xoves 12/7 de 19:45 a 22:00)

Liña 5 sentido Rocha (pasos entre as 19:45 e 22:00): desviarase por Doutor Teixeiro, rúa da Rosa, Santiago de Chile, retomando o seu itinerario habitual na rúa Frei Rosendo Salvado.

Quedarán suprimidas neste horario as paradas: (433) República do Salvador e (263) Frei Rosendo Salvado. Os autobuses durante o desvío realizarán dúas paradas alternativas a demanda de usuarios: rúa da Rosa e Santiago de Chile (cruce con Frei R. Salvado).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvíos por corte de tráfico nas rúas de San Pedro e Concheiros (venres 28 e sábado 29 de xuño de 2019)

O venres 28 de xuño entre as 19:00 e as 21:00, cortarase ao tráfico a rúa de San Pedro, corte que lle afectará á liña C11.

O sábado 29 de xuño, cortaranse ao tráfico as rúas de San Pedro e Concheiros desde as 8:00 ata a finalización dos servizos do día, afectando á liña C11 e ás liñas 9, 13 e C5 en sentido Concheiros – Angustia – Bonaval.

*Desvío sentido norte (de Virxe da Cerca a San Pedro e Concheiros):

Desvío nas liñas 5 e C2 por corte na rúa Sánchez Freire (sábado 23/6/2018)

*As liñas 5 sentido Rocha e C2, no momento en que realicen o corte de tráfico, os autobuses continuarán pola rúa Xosé Pasín e avda. de Ferrol, retomando o seu itinerario na rotonda de Conxo.

Quedará suprimida desde o momento do corte ata que se restitúa o tráfico, a parada 575, Sánchez Freire. Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior das liñas (García Prieto nº 64 ou psiquiátrico de Conxo).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvío nas liñas 6, 12, C5 e P3 por corte na rúa Santiago León de Caracas (sábado 16/6, de 15:00 a 19:00)

*As liñas 6, 12, C5 e P3, en sentido a Pontepedriña continuarán pola rúa da Rosa e Fernando III O Santo, retomando o seu itinerario na rúa do Hórreo.

Quedará suprimida neste horario (de 15:00 a 19:00) a parada 591, Santiago León de Caracas (centro de saúde). Os usuarios poden dirixirse á parada da rúa da Rosa.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220