DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

RESTRUCTURACIÓN DA LIÑA P1 (ESTACIÓN DE AUTOBUSES - FIGUEIRAS)

LIÑA P1 (SAN ROQUE - FIGUEIRAS): SAN ROQUE -  VIRXE DA CERCA - RÚA DA SENRA – POMBAL – GALERAS – COSTA DAS CASAS NOVAS – RÚA DO MONTE PÍO – PERCORRIDO HABITUAL.

LIÑA P1: (FIGUEIRAS – SAN ROQUE): PERCORRIDO HABITUAL – RÚA DO MONTE PÍO – GALERAS – POMBAL – SENRA – VIRXE DA CERCA – SAN ROQUE.

Pregámoslles desculpen as molestias que lles poidan ocasionar estas modificacións.

SERVIZOS DE TRANSPORTE URBANO PARA ASISTIR Á PISTA DE XEO

Para poder acercarse dispoñen dos seguintes servizos de transporte urbano (dentro do horario de funcionamento de cada liña):

De luns a venres todo o día e os sábados de mañá, dispoñen das liñas C5 (polígono Costa Vella-Amio-praza de Galicia-Paxonal-Amio-polígono Costa Vella) e C6 (polígono Costa Vella-Amio-Paxonal-praza de Galicia-Amio-polígono Costa Vella).

CORTE DE TRÁFICO NA ZONA DE POZA DE BAR CON CRUCEIRO DO GALO

LIÑA 8 (só afecta ao percorrido de ida): RÚA DA SENRA – XOÁN CARLOS I – AVDA. DA CORUÑA – AVDA. DAS CIENCIAS  ROBLEDA DE SAN LOURENZO, para continuar co itinerario habitual.

LIÑA P1 (só afecta ao percorrido de ida): RÚA DA SENRA – XOÁN CARLOS I – AVDA. DA CORUÑA – AVDA. COMPOSTELA – CRUCEIRO DO GALO, para continuar co itinerario habitual.

CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DO TRANSPORTE URBANO "TES MÁIS BUS"

Trátase dunha campaña dirixida a fixar a imaxe para todo o transporte urbano así como a promover o transporte público urbano.

Está especialmente dirixida ás persoas comprendidas entre os 30 e os 50 anos, que son os que dispoñen tanto de vehículo privado como da capacidade para usalo.

Búscase eliminar os prexuízos existentes aínda a día de hoxe sobre o uso do transporte público, ao asimilar este uso coas clases máis desfavorecidas.

CORTE DE TRÁFICO NA RÚA CURROS ENRÍQUEZ. COA APERTURA DA RÚA BERNARDO BARREIRO, A LIÑA 7 CIRCULARÁ DE NOVO POR SAR.

Como consecuencia, os percorridos da LIÑA 7 (Aríns - San Roque) e da LIÑA C11 (circular de Fontiñas) quedan do seguinte xeito:

LIÑA 7: CRUCE DE PICAÑOS – SAR – BERNARDO BARREIRO – RAMÓN PIÑEIRO e HÓRREO, para continuar co itinerario habitual. 

C11: AVDA. DE LUGO – RAMÓN PIÑEIRO – HÓRREO e REPÚBLICA DO SALVADOR, para continuar co itinerario habitual.

CORTE DE TRÁFICO NAS RÚAS CURROS ENRÍQUEZ E BERNARDO BARREIRO POR MOR DAS OBRAS

Como consecuencia deste corte, modifícanse os percorridos da LIÑA 7 (Aríns - San Roque) e da LIÑA C11 (circular de Fontiñas) do seguinte xeito:

LIÑA 7: CRUCE DE PICAÑOS - DIEGO BERNAL - PERIFÉRICO - AVDA. DE LUGO – RAMÓN PIÑEIRO e HÓRREO, para continuar co itinerario habitual.

LIÑA C11: AVDA. DE LUGO – RAMÓN PIÑEIRO – HÓRREO e REPÚBLICA DO SALVADOR, para continuar co itinerario habitual.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220