Por mor das obras que se están levando a cabo na zona, a rúa Bernardo Barreiro permanecerá cortada ao tráfico dende o próximo luns día 2 ata o 9 de novembro, no tramo que vai dende Curros Enríquez a Domingo Fontán. Así mesmo, Curros Enríquez permanecerá pechada ao tráfico dende o 9 ata o 30 de novembro, no tramo que vai dende Bernardo Barreiro ata a rúa López Ferreiro.
Como consecuencia deste corte, modifícanse os percorridos da LIÑA 7 (Aríns - San Roque) e da LIÑA C11 (circular de Fontiñas) do seguinte xeito:
LIÑA 7: CRUCE DE PICAÑOS - DIEGO BERNAL - PERIFÉRICO - AVDA. DE LUGO – RAMÓN PIÑEIRO e HÓRREO, para continuar co itinerario habitual.
LIÑA C11: AVDA. DE LUGO – RAMÓN PIÑEIRO – HÓRREO e REPÚBLICA DO SALVADOR, para continuar co itinerario habitual.
Pregámoslles disculpen as molestias que lles poidan ocasionar estas modificacións.