CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DO TRANSPORTE URBANO "TES MÁIS BUS"

Novas de Tussa
O concelleiro de Mobilidade e Transportes, Carlos Nieves, e o xerente de TUSSA, José Ramón Mosquera, presentaron a nova campaña que leva por título TES MÁIS BUS.

Trátase dunha campaña dirixida a fixar a imaxe para todo o transporte urbano así como a promover o transporte público urbano.

Está especialmente dirixida ás persoas comprendidas entre os 30 e os 50 anos, que son os que dispoñen tanto de vehículo privado como da capacidade para usalo.

Búscase eliminar os prexuízos existentes aínda a día de hoxe sobre o uso do transporte público, ao asimilar este uso coas clases máis desfavorecidas.

Esta campaña desenvolverase en varias fases: ao lanzamento da campaña, durante un mes, seguiralle outra campaña nos medios de comunicación e a entrega de material promocional.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220