Por mor das obras que se están levando a cabo na zona, a rúa Curros Enríquez permanecerá pechada ao tráfico ata o 30 de novembro, no tramo que vai dende Bernardo Barreiro ata a rúa López Ferreiro.
Como consecuencia, os percorridos da LIÑA 7 (Aríns - San Roque) e da LIÑA C11 (circular de Fontiñas) quedan do seguinte xeito:
LIÑA 7: CRUCE DE PICAÑOS – SAR – BERNARDO BARREIRO – RAMÓN PIÑEIRO e HÓRREO, para continuar co itinerario habitual.
C11: AVDA. DE LUGO – RAMÓN PIÑEIRO – HÓRREO e REPÚBLICA DO SALVADOR, para continuar co itinerario habitual.
Pregámoslles disculpen as molestias que lles poidan ocasionar estas modificacións.