DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Servizos de transporte para o Freestyle Santiago no multiusos Fontes do Sar (sábado 20/7/2024)

*A liña C11 prolongarase en todos os seus servizos nas horas indicadas do seguinte xeito:
-Para o acceso, a liña C11 desde Xeneral Pardiñas realizará prolongacións polo multiusos entre as 18:00 e as 21:00 (horas por Xeneral Pardiñas), cunha frecuencia de paso de 15 minutos.
As paradas máis céntricas para coller esta liña se sitúan en Xeneral Pardiñas, pza. de Galicia, Ensinanza e Virxe da Cerca.
-Para o regreso, haberá un autobús especial desde a parada do multiusos ata a rúa da Rosa, que funcionará de xeito continuado desde a finalización do evento.

Paradas anuladas na rúa de San Caetano o martes 25 de xuño

*As paradas da rúa de San Caetano quedarán anuladas, o martes 25 de xuño entre as 8:30 e as 18:30, nos momentos en que se estean a realizar os traballos de reasfaltado.
Os usuarios poden dirixirse ás paradas situadas na rúa de Pastoriza ou Anxo Casal (para a liña C2):
-Circulando cara centro cidade: San Caetano, parque – parada alternativa en Pastoriza nº 103A para todas as liñas (1, 4 Cancelas, 6, P4 e P6).
-Circulando cara saída cidade: San Caetano, igrexa – parada alternativa en Pastoriza nº 22 para as liñas (1, 4 Cancelas, P4 e P6) e en Anxo Casal, Xunta, para a liña C2.

Horarios de verán 2024 no transporte urbano

Este ano destacan dúas actualizacións importantes. En primeiro lugar reforzaranse os servizos das liñas 6 – 6A nos sábados, domingos e festivos para evitar incidencias. En segundo lugar, os horarios de verán coinciden có inicio das obras da rúa do Pombal.
Polo demais, as liñas recuperan os horarios de verán coas reducións habituais da época estival.
Nos documentos adxuntos poden consultar os horarios e frecuencias por liña.

Servizos na liña 1 para a festividade da Ascensión (xoves 9/5/2024)

Con motivo das actividades da festividade da Ascensión, a liña 1 do transporte urbano entre as 8:00 e as 15:00 funcionará como un día laborable (cada 16 minutos) e prolongarase en todas as viaxes nese horario ao recinto feiral de Amio.
As restantes liñas do transporte urbano prestarán o servizo dun festivo ao longo de todo o día, así como a liña 1 en horario de tarde (a partir das 15:00).

Recuperación da parada na rúa Santiago León de Caracas (centro de saúde) a partir do luns 4 de marzo

As liñas 6, 6A, 12, 15, C4, C5 e P3, que están circulando pola rúa Fernando III O Santo deixarán de facelo o luns 4 de marzo, retomando o seu itinerario habitual pola rúa Santiago León de Caracas e facendo a parada 591 na marquesiña que está no acceso ao centro de saúde Concepción Arenal.

Quedará sen efecto a parada que se está a realizar en Fernando III, antes do cruce coa rúa do Hórreo.

O Concello manterá a bonificación complementaria no transporte urbano

Así, e na mesma liña do último ano, o prezo do billete co bono ordinario pasa dos 0,60 euros aos 0,30; o bono escolar pasar dos 0,40 euros aos 0,20, e por último o bono mensual pasa dos 26 euros a 13. Para beneficiarse desta bonificación non é preciso ningún trámite, máis alá da recarga do bono. Pódense empregar as tarxetas bono actuais, polo que non é preciso adquirir unha nova tarxeta.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220