DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Servizos para asistir ao partido de baloncesto no multiusos Fontes do Sar (sábado 20/1/2024)

Haberá un servizo lanzadeira, desde a rúa da Rosa ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 17:00.
A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 17:05, 17:15, 17:30 e 17:45. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.

Servizos para asistir ao partido de baloncesto no multiusos Fontes do Sar (mércores 11/10/2023)

Haberá un servizo lanzadeira, desde a rúa da Rosa ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 19:00.
A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 19:05, 19:17, 19:29, 19:41 e 19:53. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, Praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.

Servizos para asistir ao partido de baloncesto no multiusos Fontes do Sar (domingo 12/11/2023)

Haberá un servizo lanzadeira, desde a rúa da Rosa ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 11:30. A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 11:35 e 12:15. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.
Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.

O Concello de Santiago mantén os descontos do 50% nos bonos multiviaxe do bus urbano

Tras a publicación no BOE da prórroga do decreto-lei, o Concello manterá tamén as achegas propias para que os descontos nos bonos alcancen o 50%. Ata o próximo 31 de decembro, o prezo do bono ordinario manténse en 0,30 euros por viaxe; o bono escolar en 0,20 euros, e o bono mensual en 13 euros. O desconto aplicarase directamente ao recargar os bonos, sen necesidade de ningún outro trámite. Pódense empregar as tarxetas bono actuais, polo que non é preciso adquirir unha nova tarxeta se xa se conta cos bonos ordinarios, escolar ou mensual.

Servizo de transporte para o ciclo "Atardecer no Gaiás" (Cidade da Cultura, varios días dos meses de xullo e agosto de 2024)

O acceso á Cidade da Cultura pódese realizar coa liña 9. No enlace adxunto figuran os horarios e itinerario da liña.
Para a volta tras a finalización dos concertos, a saída da liña C11 ás 22:33 do Camiño Francés fará prolongación saindo da Cidade da Cultura ás 22:45 e continuando o seu percorrido habitual cara o centro.

Días:
-Mes de xullo de 2024: días 4, 5, 11, 12, 18 e 19.
-Mes de agosto de 2024: días 1, 2, 8, 9, 15*, 16*, 22, 23, 29 e 30.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220