DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO
SERVIZOS MÍNIMOS NO TRANSPORTE URBANO PARA o XOVES 28 e VENRES 29 DE NOVEMBRO DE 2024
No documento adxunto poden consultar a relación de servizos mínimos e liñas que circulan o xoves 28 e venres 29 de novembro de 2024.
Servizos para asistir ao partido de baloncesto no multiusos Fontes do Sar (mércores 12/3/2025)
Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa da Rosa ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 19:30.
A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 19:29, 19:41, 19:53, 20:05 e 20:17. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.
Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.
Servizos de transporte para o Torneo Internacional de Ximnasia Rítmica no multiusos Fontes do Sar (sábado 16 e domingo 17/11/2024)
*SÁBADO 16 no horario do evento:
Liña 9: saídas Pza. Galicia cara multiusos: 7:55 8:25 9:25 10:25 11:25 12:25 13:25
Liña 9: saídas CDC por multiusos cara pza. Galicia: 9:00 10:00 11:00 12:00 13:00
Liña C11: pasos aprox. por Xeneral Pardiñas cara o multiusos: 14:30 15:00 15:30 16:00 16:30 17:05 17:30 18:05 18:30 19:00 19:30 19:45 20:00 20:55 21:30
(podendo empregarse esta liña 10-15 minutos despois destas horas para ir desde o multiusos cara o centro da cidade).
Estafa nas redes sociais relativa ao transporte urbano de Santiago
Ante a publicación recollida na rede social Facebook sobre o Transporte público en Santiago de Compostela, e reflectida tamén na páxina “Soy de Santiago y también sé quejarme”, dende a Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano – TUSSA temos a ben informar que se trata dunha estafa.
Tanto dende a Sociedade de Xestión Municipal de xestión do transporte urbano (TUSSA) coma dende o Concello de Santiago, pregamos á cidadanía non acceda ao enlace, e por suposto no aporte ningún dato persoal.
Servizos para asistir ao partido de baloncesto no multiusos Fontes do Sar (martes 10/12/2024)
Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa da Rosa ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 19:30.
A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 19:29, 19:41, 19:53, 20:05 e 20:17. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.
Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.
Servizos para o partido de fútbol no estadio Vero Boquete de San Lázaro (martes 29/10/2024)
*Para a entrada, desde o centro ata San Lázaro, prolongaranse os servizos con saída dos Tilos entre as 17:40 e 19:00, cada 20 minutos.
*Para a saída, desde San Lázaro cara o centro, prolongaranse os servizos con saída de San Marcos entre as 20:50 e 21:50, cada 20 minutos.
SERVIZOS MÍNIMOS NO TRANSPORTE URBANO O LUNS 28 DE OUTUBRO DE 2024
No documento adxunto poden consultar a relación de servizos mínimos e liñas que circulan o luns 28 de outubro.
Horarios de inverno 2024-2025 no transporte urbano
A partir do luns día 9 de setembro ponse en marcha a tempada de inverno nos horarios do servizo de transporte urbano da cidade.
No documento adxunto poden consultar o folleto de horarios e coñecer todos os cambios. Nos vindeiros días facilitarase o folleto de horarios impreso habitual, e realizarase a sustitución da cartelería nas paradas da cidade.
Poden consultar calquera dúbida no teléfono de información do transporte urbano, 981581815.
Paxinación
- Páxina anterior
- Páxina 2
- Páxina Seguinte