O Concello de Santiago manterá en 2024 a bonificación complementaria do transporte urbano, que se suma á bonificación aprobada polo Goberno do Estado.
Así, e na mesma liña do último ano, o prezo do billete co bono ordinario pasa dos 0,60 euros aos 0,30; o bono escolar pasar dos 0,40 euros aos 0,20, e por último o bono mensual pasa dos 26 euros a 13. Para beneficiarse desta bonificación non é preciso ningún trámite, máis alá da recarga do bono. Pódense empregar as tarxetas bono actuais, polo que non é preciso adquirir unha nova tarxeta.