DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Reapertura ao tráfico na avda. Rodríguez de Viguri (liñas 6, 6A, 9, C4, C6 e P5)

Non obstante, as paradas (533) avda. Rodríguez de Viguri, sentido de baixada (lateral antiga estación) e (108) avda. Rodríguez de Viguri nº 16, sentido de subida continuarán anuladas.
As paradas alternativas a estas serán as seguintes:
*Sentido de baixada (cara rotonda con Monte dos Postes):
1.LIÑAS 6, 6A e P5 – sentido San Marcos e AEROPORTO (6, 6A) – Bando e Vilamaior (P5). Realizarán como parada alternativa a parada temporal na rúa Monte dos Postes, despois da rotonda con Rodríguez de Viguri (beirarrúa do conservatorio).

Desvíos por corte de tráfico na zona de Casas Novas (sábado 31 de agosto e domingo 1 de setembro)

*O sábado 31 de agosto e o domingo 1 de setembro, os autobuses non subirán a costa de Casas Novas, realizando as paradas máis próximas na zona de Santa Isabel.

Esta alteración afectará aos servizos de prolongación da liña 4 o sábado e domingo todo o día.

Quedarán suprimidas as paradas: (615) Sto. Ignacio do Monte; (179 e 180) Casas Novas nº 53 e 55; (177 e 178) Casas Novas nº 10 e cruce Monte Pío; (207 e 208) Costa de Santa Isabel nº 16 e 18; (384) Ponte da Asén; e (160 e 161) Campo de Santa Isabel.

Desvíos nas liñas 9, C5 e C6 por corte na rúa Diego Bernal (desde o luns 28/8 ao venres 1/9/2023)

*LUNS 28 e MARTES 29: Cortarase soamente a zona do multiusos, desviando o tráfico polo vial traseiro do mesmo. Quedará suprimida para as liñas 9, C5 e C6 a parada 324, multiusos Fontes do Sar.
*MÉRCORES 30, XOVES 31 e VENRES 1: Cortarase ao tráfico desde a rotonda de acceso á Cidade da Cultura ata Ponte de Sar. Desvíos:
*Liña 9: desde a parada das piscinas, a liña accederá directamente á Cidade da Cultura e viceversa. Quedará suprimida a parada 324, multiusos Fontes do Sar.

Desvío na liña P4 por corte de tráfico na zona da Sionlla (de martes 22 a venres 25/8, de 9:00 a 17:30 cada día)

*Martes 22, mércores 23, xoves 24 e venres 25 de agosto, entre as 9:00 e as 17:30 cada un dos días.

Dado o horario de corte, soamente afectará ao servizo do mediodía da liña P4, que se desviará despois da parada 600 (cruce despois de Casais) e quedará sen realizar a seguinte parada, a 7 en A Castiñeira.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvíos por corte de tráfico na rúa Doutor Teixeiro (martes 15/8/2023 de 7:00 a 20:00)

*Realizaranse TODAS as paradas habituais das liñas, se ben terán que realizar os seguintes desvíos:

-As liñas 6A sentido Os Tilos, C11 e P3 sentido Susana, despois da pza. de Galicia continuarán por República do Salvador, pza. Roxa, República Arxentina ata a parada habitual na rúa da Rosa (liñas 6A e P3) ou Xeneral Pardiñas (liña C11).

-A liña 7 sentido Aríns, despois da pza. de Galicia irá por República do Salvador, pza. Roxa a rúa Hórreo e continuará o seu percorrido pola avda. de Lugo.

Pregamos desculpen as molestias que esta alteración lles poida ocasionar.

Desvíos nas liñas por corte ao tráfico na pza. de Galicia (domingo 6/8/2023 de 7:30 a 15:00)

*Liña 5 sentido Rocha: desde Fonte de Santo Antonio desviarase por Senra, Xoán Carlos I, Rosalía de Castro, pza. Vigo e avda. de Vilagarcía.

Quedarán suprimidas as paradas (410) pza. Galicia nº 3, (433) Rep. do Salvador e (263) Frei Rosendo Salvado.

*Liñas 6A sentido Os Tilos e P3 sentido Susana: desde Fonte de Santo Antonio desviaranse por Senra, Xoán Carlos I, Rosalía de Castro, pza. Vigo, República Arxentina e rúa da Rosa.

Quedará suprimida para estas liñas a parada (410) pza. Galicia nº 3.

Desvíos nas liñas 6, 6A, 9, C4, C6 e P5 por corte total ao tráfico na avda. Rodríguez de Viguri (a partir do inicio dos servizos do luns 31/7/2023)

*Sentido de subida (cara rotonda con Camiño Francés):
LIÑAS 6, 6A e P5 – sentido centro cidade. Desde a rúa Valiño e CEIP Monte dos Postes, desviaranse cara a rotonda coa avda. Camiño Francés (acceso centro comercial), continuando por esta avenida e enlazando coa avda. Rodríguez de Viguri antes da pza. de España.
Quedarán suprimidas as paradas: (695) Monte dos Postes nº 8; (108) avda. Rodríguez de Viguri nº 16.

Desvíos por corte de tráfico na rúa Santiago de Chile (desde o luns 17 ao xoves 20 de xullo)

Ditos traballos terán lugar en horario nocturno, comezando o luns 17 ás 22:00 cada noite ata as 6:00 do día seguinte. Nos restantes horarios a rúa permanecerá aberta ao tráfico.

Por horario, os cortes non afectarán ás liñas que circulan por Santiago de Chile (15 e C2), se ben sí que se terán que desviar as liñas que atravesan os cruzamentos con República Arxentina e Frei Rosendo Salvado.

*Corte no cruzamento entre Santiago de Chile e República Arxentina (luns 17 e martes 18 a partir das 22:00):

Desvíos por corte de tráfico nas rúas de San Pedro e Concheiros (venres 30 de xuño e sábado 1 de xullo de 2023)

O venres 30 de xuño, entre as 18:00 e as 20:00, cortarase ao tráfico a rúa de San Pedro, corte que lle afectará ás liñas 13 e C11.
O sábado 1 de xullo, cortaranse ao tráfico as rúas de San Pedro e Concheiros desde as 8:00 ata a finalización dos servizos do día, afectando ás liñas 13 e C11; e ás liñas 9, 13 e C5 en sentido Concheiros – Angustia – Bonaval.
*Desvío sentido norte (de Virxe da Cerca a San Pedro e Concheiros):

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220