Desvíos por corte de tráfico na rúa Doutor Teixeiro (martes 15/8/2023 de 7:00 a 20:00)

Novas de Tussa
Con motivo dun corte de tráfico na rúa Doutor Teixeiro (entre República do Salvador e Ponte Castro), as liñas 6A, 7, C11 e P3 realizarán desvíos entre as 7:00 e as 20:00 do martes 15 de agosto, día festivo:

*Realizaranse TODAS as paradas habituais das liñas, se ben terán que realizar os seguintes desvíos:

-As liñas 6A sentido Os Tilos, C11 e P3 sentido Susana, despois da pza. de Galicia continuarán por República do Salvador, pza. Roxa, República Arxentina ata a parada habitual na rúa da Rosa (liñas 6A e P3) ou Xeneral Pardiñas (liña C11).

-A liña 7 sentido Aríns, despois da pza. de Galicia irá por República do Salvador, pza. Roxa a rúa Hórreo e continuará o seu percorrido pola avda. de Lugo.

Pregamos desculpen as molestias que esta alteración lles poida ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220